O CEIP O Marbán atópase localizado nas Somozas, un concello pertencente á comarca de Ferrolterra que se sitúa a uns 75 quilómetros da cidade da Coruña. Máis concretamente atópase na Rúa A Igrexa nº 45 e o enderezo electrónico é o seguinte: ceip.omarban@edu.xunta.gal.
Tal e como se referiu anteriormente, o colexio O Marbán é un Centro de Educación Infantil e Primaria, regulado no Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, así como a orde que o desenvolve, a Orde do 22 de xullo de 1997 pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria.
A situación do CEIP O Marbán é a dun colexio situado nunha zona rural, próxima e ben comunicada con As Pontes e con Ferrol (vilas con máis poboación e industria). A súa situación económica foi cambiando considerablemente ao longo destes últimos anos, debido ao asentamento no Concello de industrias que deron traballo á xente do lugar, sendo o normal que os dous membros da unidade familiar estivesen traballando. Esta mellora económica cambiou considerablemente a calidade de vida neste Concello ao crearse un núcleo de vivendas ben urbanizado, o que permitiu asentarse a moitas familias que antes vivían máis lonxe do centro da vila.
Porén, este último ano pechou unha das empresas nas que máis membros familiares do alumnado traballaban. A pesar disto, na vila non se notou cambio algún a este respecto, moitas das familias conseguiron outros traballos noutras vilas achegadas e non precisaron mudarse. Pero aínda así, hai que ser conscientes que nos atopamos cunha carencia cultural e económica importante que dende o colexio e, na medida das nosas posibilidades, intentamos mellorar ofertando actividades complementarias e extraescolares variadas.
Por esta razón, o Plan Dixital contribuirá á Programación Xeral Anual do curso 2022-2023 dunha maneira significativa, poisfacilitará a posta en marcha de diferentes estratexias e actividades para que o alumnado, o profesorado e a comunidade educativa en xeral, teñan acceso aos recursos tecnolóxicos e os saiban empregar dunha maneira axeitada. Así mesmo fomentará a utilización de ferramentas dixitais que favorezan o proceso de ensino-aprendizaxe.
Ademais este plan de centro estámoi ligado ao resto de plans e proxectos que se desenvolven no centro e que continuarán desenvolvendo o curso que vén, como os Plans Proxectas de MeteoEscolas, Aliméntate Ben e Proxecto de Vida Activa e Saudable ou os proxectos que parten da biblioteca docentro (este curso do Camiño de Santiago).
En canto á normativa en relación co Plan Dixital do centro hai que ter en conta a seguinte:
• Os artigos 111 bis (Tecnoloxías da Información e da Comunicación), 121 (Proxecto Educativo) e 132 (competencias doo director ou directora do centro educativo) da LOE, parcialmente modificada pola LOMLOE.
• Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022, na que se establece que os centros elaborarán no curso 2021/22 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten.
• Resolución do 3de setembro de 2021, da Secretaria Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.
Segundo a Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, nos centros de menos de oitos unidades non é preciso conformar o equipo de dinamización do Plan Dixital. Polo tanto, o primeiro que se fixo no centro, unha vez publicadas estas instrucións, foi decidir que as funcións recollidas nestas instrucións serían asumidas pola directora do centro.
A continuación, procedeuse a autoavaliación mediante a ferramenta SELFIE, da Comisión Europea, rexistrándose na plataforma e recollendo os resultados, obtendo así un informe da situación de partida. Durante o mes de febreiro de 2022, o profesorado realizou o testCDD, de Competencia Dixital Docente. Cos datos obtidos de SELFIE e, en menor medida do informe grupal do testCDD, elaboramos a matriz DAFO do centro en relación ao ensino dixital, de utilidade para a análise da situación e para a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións.
A partir de aí, redactáronse os obxectivos do Plan de Acción, específicos, medibles, realistas e axustados a un marco temporal. Para cada obxectivo definiuse un indicar que permitirá identificar como alcanzado o obxectivo. Ademais tamén se definiron as actuacións que se levarán a cabo para a consecución de cada obxectivo; estas actuacións inclúen os recursos (humanos, equipamento e económicos), as persoas responsables e os indicadores de logros, instrumentos para medilos e prazos para a realización.
Destacar que todas estas actuacións que se levarán a cabo o vindeiro curso están organizadas por liñas estratéxicas, de acordo cos elementos temáticos do marco DigCompOrg:
- Infraestrutura
- Liderado e gobernanza
- Procesos de ensino e aprendizaxe
- Formación e desenvolvemento profesional
- Contidos
- Procesos de avaliación
- Redes de Apoio e Colaboración
Finalmente redactase este documento que forma parte dos documentos do centro.
- Outros elementos específicos do centro educativo, entre outros, seguridade e boas prácticas.