1.1. Datos ba¿sicos do centro
CEIP de Présaras
Chope s/nº - Présaras 15807- Vilasantar A Coruña
Correo: ceippresaras@eu.xunta.gal
Web: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippresaras/
Etapas educativas: o CEIP de Présaras oferta o 2º ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria.
No de alumnado: no curso 2022-23 cursara¿n a etapa de:
a) Educación infantil 20 alumnos/as de 3, 4 e 5 anos.
b) Educación primaria 31 alumnos/as de 1º a 6º de primaria.
O cadro de profesorado que exerce a docencia no centro está composto por 5 mestres/as con horario completo no centro e 3 mestres/as itinerantes (orientador, mestra de pedagoxía terapéutica e mestra de relixión).
1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
O CEIP de Présaras está situado no concello de Vilasantar, no interior da provincia da Coruña. Limita ao norte cos municipios de Curtis e Oza- Cesuras, ao oeste con concello de Mesía, ao este con Sobrado e ao sur co concello de Boimorto. A súa superficie é de 59,2 km2, distribuídos en 7 parroquias: Armental, Barbeito, Mezonzo, Présaras, San Vicenzo de Curtis, Vilariño e Vilasantar.
O número de habitantes do concello ronda os 1200.
A maioría da poboación activa desenvolve a súa labor no sector primario e o sector servizos.
A oferta cultural promóvea principalmente o Concello pero tamén hai que destacar a importancia de distintas asociacións (amas de casa, ANPA, etc) no fomento da cultura. O CEIP de Présaras tamén ten un peso destacado nesta labor xa que promove distintas actividades na que todos os habitantes do concello poden participar.
O Proxecto Dixital que se porá en marcha no curso 2022-23 ven a enlazar e coordinar toda a labor que se estaba a desenvolver no centro no eido das TICS . No centro a aula virtual conta con moitos contidos que se foron xuntando en anteriores cursos e que cada ano se amplía porque é un recurso que permite consultar, reforzar e ampliar contidos. Todo o alumnado ten acceso á aula virtual e tamén as familias, a través da clave de cada alumno/a pode cotexar o traballo do seu fillo. Así mesmo no centro tamén se teñen en conta as aprendizaxes STEAM, porque somos coñecedores de que o futuro educativo e o futuro laboral dos nosos alumnos/as pasa por desevolver competencias no ámbito dixital. Por esta razón todos os anos se levan a cabo actividades na biblioteca creativa e fanse propostas e proxectos, no que se busca a autonomía e creatividade do alumnado no ámbito tecnolóxico. Durante o curso 2021-22 o proxecto de biblioteca tamén estivo adicado a desenvolver as aprendizaxes STEAM (pódese consultar a memoria de bibliotecas escolar do centro para verificar este dato).
Para o vindeiro curso introducirase o programa E-Dixgal en 5o de primaria e esto permitirá continuar coa adquisición de competencias dixitais do alumnado. Así mesmo a implantación do Plan Dixital fomentará a formación do profesorado neste ámbito.
Nas aulas tamén se conta con outros recursos dixitais que se empregan a diario: pizarra dixital interactiva, ordenadores portátiles, tablets, etc.
1.3. Breve xustificación do mesmo
Seguindo as recomendacións dos seguintes artigos e disposicións, é necesario que o centro elabore o Plan Dixital para o vindeiro curso escolar 2022-2023:
- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
- Disposición adicional terceira da Resolucio¿n do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021-2022.
- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma
1.4. Proceso de elaboración
O Plan Dixital do CEIP de Présaras, foi elaborado na súa totalidade por todo o claustro do centro, dado que é un centro que conta cunha pequena plantilla de mestres/as.
No claustro e consello escolar do mes de abril acordouse, por unanimidade, presentar a solicitude e o proxecto para participar no programa E-Dixgal para o curso 2022-23.
Comezouse coa autoavaliación SELFIE e co test TDCC, contando en todo momento co apoio dos asesores ADIX. Logo continuouse coa redacción deste Plan Dixital para logo ser aprobado polo Consello Escolar e darllo a coñecer a toda a comunidade educativa.