Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP Ortigueira está situado na localidade de Ribadulla, no Concello de Vedra. O centro conta con dous edificios e actualmente ten 5 unidades en funcionamento, onde se distribúen os 77 alumnos/as e 9 docentes do presente curso 2022-2023. 

En canto aos recursos TIC cos que contamos, salientar que estes poderían ser mellorables. Temos conexión telefónica e conexión a internet por cable e sen fíos (aínda que é bastante inestable e hai problemas frecuentes de conexión).

No que respecta aos equipos informáticos, a gran maioría están obsoletos (incluso temos algún dispositivo do 2004) e presentan erros de funcionamento frecuentes. Máis especificamente, o centro conta con 9 PC de titularidade da Xunta, dos cales 4 son anteriores ao 2008 (sendo os 2 máis novos do 2016). Respecto aos ordenadores portátiles,  os aportados directamente pola Xunta son un total de 6 (sendo tamén do 2016 o máis recente), aos que se suman os 4 portátiles aportados no 2021 por Educa en Dixital en Galicia. De xeito complementario, grazas á participación no programa DigiCraft, para a aula de 5º/6º temos tamén 14 portátiles máis do 2020. Finalmente neste curso dotouse ao centro con dous postos informáticos para o equipo directivo 
En resume, para poder ter un funcionamento normal o centro necesitou ao longo dos anos de abastecerse de recursos propios, xa que os emitidos pola Xunta non son suficientes e/ou teñen moi mal funcionamento por ser moi antigos. 
Outros recursos cos que contamos son cunha cámara dixital de vídeo e outra de fotografía, así coma unha gravadora dixital de son. Salientar ademais que o centro ten páxina web corporativa e aula virtual. 

Como xa sinalamos, en canto ao uso das TIC no centro cabe salientar que dende o 2018 implementamos un proxecto de robótica aprobado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade que conta coa dotación suministrada pola institución e algúns elementos periféricos a maiores adquiridos con recursos propios. Este proxecto desenvólvese principalmente en 5º e 6º de EP e ocupa unha sesión semanal. Desde o 2021 o centro participa tamén no programa DigiCraft.

Ademais, dende o curso pasado tódolos centros deben elaborar o Plan Dixital de Centro. Este plan é un documento que ten como finalidade recoller as accións que se levan a cabo para mellorar o emprego das tecnoloxías nos centros educativos e en consecuencia tamén a Competencia Dixital do alumnado e do profesorado. Polo tanto, a finalidade deste plan é esclarecer cales son aqueles aspectos en relación coa tecnoloxía e o seu manexo que cada centro ten que mellorar, coa finalidade de deseñar un plan de acción para intervir sobre os mesmos e acadar unha boa competencia dixital. 

Para a elaboración do presente PD creouse un equipo de traballo incluído dentro dun PFPP. Este equipo estivo constituído polo director, o secretario e  a coordinadora do PFPP).
As reunións do equipo de traballo e as sesións de formación por parte dos asesores foron os medios principais empregados no proceso de elaboración. Polo tanto, para a elaboración do presente Plan Dixital foi preciso analizar documentación, analizar a realidade (co informe SELFIE e o Test CDD), analizar os datos obtidos e elaborar o DAFO que nos permitiu marcarnos os obxectivos e formular os plans de acción para traballar nos vindeiros cursos, así coma as pautas de seguimento e avaliación do presente plan.  

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a recollida da información necesaria para elaborar a matriz DAFO do noso centro, empregamos principalmente dúas ferramentas: o informe SELFIE e o Test de Competencia Dixital Docente.

O Informe SELFIE é un cuestionario desenvolto pola Comisión Europea que ten como obxectivo analizar a competencia dixital dos equipos directivos, do profesorado e do alumnado en diferentes áreas: liderado, colaboración e redes, infraestruturas e equipos, desenvolvemento profesional continuo, pedagoxía: apoio e recursos e implementación na aula, prácticas de avaliación e competencias dixitais do alumnado.

A media de puntuacións destas áreas para o equipo directivo foi de 3,48, mentres que o profesorado obtivo unha puntuación de 3,14 e finalmente o alumnado 3,95 puntos. Destes datos, por unha banda salientar que o apartado “desenvolvemento profesional continuo” foi o que obtivo maior puntuación, seguido  de “competencias dixitais do alumnado”. Por outra banda, os apartados con menor puntuación foron “prácticas de avaliación” e “colaboración e redes”.

En canto ao Test de Competencia Dixital Docente (CDD), foi un cuestionario que o profesorado tivo que cubrir na plataforma Fprofe e o cal daba un nivel aproximado da competencia dixital cos valores do Marco Común Europeo de Referencia (MCER) (A1, A2, B1, B2, C1 e C2).

No noso centro participou a totalidade do claustro (11 docentes) e o nivel de competencia do centro foi de “Integrador/a B1”, cunha puntuación media do test de 69 sobre 192 e un 76,4% de puntuación media do test en Galicia (sobre 192). Concretamente, os niveis A1, B2 e C1 foron obtidos por un/unha docente, mentres que 4 se encadradon no nivel A2 e 3 mestres/as no B1.  

Agora ben, estes non son resultados definitivos, xa que moitos docentes amosaron o seu malestar pola forma que estaban redactadas as preguntas, enfocadas ao traballo en aula. Deste modo,  hai docentes que tiveron que poñer que non o facían cando en realidade si que o saben facer, pero non o poden aplicar na aula (p.e. pola baixa idade do alumnado). 

 

Interno
27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade A política de protección de datos é insuficiente (C7) Infraestruturas Si
Debilidade Limitacións no espazo escolar que afectan ao ensino-aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Infraestruturas Non
Debilidade Non hai unha estratexia dixital axeitada (A1) Organización de centro Non
Debilidade Segundo o profesorado hai pouco tempo para explorar o ensino dixital (A4) Organización de centro Non
Debilidade Non hai unha avaliación do progreso con tecnoloxías dixitais axeitada (B1) Organización de centro Non
Debilidade A valoración do progreso do ensino-aprendizaxe con tecnoloxías dixitais non é axeitada (B1) Persoal docente Non
Debilidade O emprego de contornas virtuais de aprendizaxe é moi limitado (E3) Persoal docente Si
Debilidade . Non se empregan tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe (G5) Persoal docente Non
Debilidade O profesorado ten competencias dixitais insuficientes Persoal docente Si
Fortaleza O alumnado aprende a crear contidos dixitais e comunicarse empregando tecnoloxías dixitais (H7) Alumnado Non
Fortaleza O alumnado aprende a codificar/programar (H11) Alumnado Non
Fortaleza O alumnado aprende a actuar de maneira segura (H1) e responsable (H2) en internet Alumnado Non
Fortaleza O alumnado aprende a desenvolver habilidades dixitais para diferentes materias (H10) Alumnado Non
Fortaleza Empréganse as tecnoloxías dixitais para comunicarse coas familias (E4) Familias Non
Fortaleza A infraestrutura dixital é axeitada (C1) Infraestruturas Non
Fortaleza No centro hai dispositivos dixitais para usar no ensino (C2) Infraestruturas Non
Fortaleza O centro conta con asistencia técnica (C5) Infraestruturas Non
Fortaleza O centro conta con dispositivos dixitais propios que o alumnado pode empregar (C8) Infraestruturas Non
Fortaleza Hai apoio para explorar novas modalidades de ensino-aprendizaxe (A3) Oferta Non
Fortaleza O centro desenvolve a estratexia dixital en colaboración co profesorado (A2) Organización de centro Non
Fortaleza O centro conta con asistencia técnica (C5) Organización de centro Non
Fortaleza O centro promove a formación a través dun Plan de Formación en Centros do que formo parte (60% do profesorado de acordo) Organización de centro Non
Fortaleza Empréganse as tecnoloxías dixitais para comunicarse coas familias (E4) Persoal docente Non
Fortaleza Empréganse as tecnoloxías dixitais para adaptar o ensino ás necesidades do alumnado (F1) Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado participa en actividades formativas individuais organizadas pola Administración sobre competencias dixitais (60% de acordo) Persoal docente Non
Fortaleza No centro existe debate sobre as vantaxes/desvantaxes do uso da tecnoloxía (B2) Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado busca e emprega recursos educativos dixitais en liña (E1) Persoal docente Non
27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de fondos Administración educativa Non
Ameaza Equipo dixital insuficiente Administración educativa Non
Ameaza Acceso limitado do alumnado a unha conexión estable de internet fóra do centro ANPA Non
Ameaza O alumnado non emprega a tecnoloxía fóra do centro con fins educativos ANPA Non
Ameaza Acceso limitado do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro ANPA Non
Ameaza Baixa competencia dixital das familias Contorna Non
Ameaza Apenas se empregan as tecnoloxías para colaborar con outras entidades (B3) Outras Non
Ameaza Ausencia de colaboración con outros centros e organizacións Outras Non
Oportunidade Incrementar o equipamento dixital do centro Administración educativa Non
Oportunidade Renovar os equipos dixitais obsoletos Administración educativa Non
Oportunidade Organizar unha formación para familias sobre o uso das novas tecnoloxías Contorna Non
Oportunidade Ofertar educación dixital nas actividades extraescolares do alumnado Contorna Non
Oportunidade Incluír no horario lectivo tempo para crear e buscar recursos dixitais Lexislación Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizado o DAFO e analizados os seus resultados, reflexionamos conxuntamente no claustro de profesorado sobre os mesmos para analizar cales eran as debilidades e ameazas prioritarias a corrixir e mellorar en relación á análise realizada no noso centro. En base a isto, elaboramos os obxectivos necesarios para superar estas  debilidades e ameazas e acadar as posibles fortalezas e oportunidades . Para traballar e acadar eses obxectivos, elaboramos os respectivos plans de acción a realizar no curso escolar 2022-2023.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Crear un documento interno para cumprir coa normativa de protección de datos (C7)
O02PD Aumentar o emprego de contornas virutais de aprendizaxe (E3)
O03PD Incrementar a formación do profesorado en relación ás TIC

Seguimento

Procedemento

Para realizar o seguimento do presente plan de acción, tivemos reunións mensuais co asesor ADIX nas cales íamos valorando a aplicación e desenvolvemento dos plans de acción.

Do mesmo xeito, tamén fomos avaliando a aplicación e desenvolvemento dos obxectivos e plans de acción en reunións trimestrais de claustro.

1º Trimestre

A 24/11/2022:

Seguimento do plan de acción:

O01PD: AO1.1 e AO1.2 realizadas e AO1.3 en fase de redacción.

O02PD: AO2.1. Está realizada. Formación dentro do PFPP. AO2.2 adiada ao segundo trimestre.

O03PD: AO3.1 realizado. Formación dentro do PFPP en H5P. Adíanse as AO3.3 ao segundo trimestre e AO3.4 ao terceiro trimestre.

Acordos:

Continuar realizando as AO fixadas no Plan de Acción.

PFPP:

Liña: Plan Dixital do Centro. Integración didáctica das TIC. Traballo colaborativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital.  

Itinerario: Implementando o noso Plan Dixital de Centro.

Modalidade: Seminario

 

Observacións:

Con respecto ás necesidades de equipamento está resolto os equipos de dirección. O resto segue pendente. Realízase solicitude á UAC e asesor ABALAR de zona para renovación de equipos obsoletos anteriores a 2012.

2º Trimestre

A 26/01/2023:

Seguimento do plan de acción:

O01PD: AO1.1, AO1.2 e AO1.3 realizadas. Acadado o obxectivo. 

O02PD: AO2.1. Está realizada. Formación dentro do PFPP. AO2.2  o 30 de xaneiro comeza a formación. 

O03PD: AO3.1 e AO3.2 realizadas. AO3.3 comeza a formación o 30 de xaneiro.

Acordos:

Continuar realizando as AO fixadas no Plan de Acción.

Observacións:

Infórmase sobre EduCalidade.

Con respecto ás necesidades de equipamento está resolto os equipos de dirección. O resto segue pendente.

 

A 27/02/2023:

Seguimento do plan de acción:

O01PD: AO1.1, AO1.2 e AO1.3 realizadas. Acadado o obxectivo. 

O02PD: AO2.1.,  AO2.2  feitas e AO2.3 en proceso.

O03PD: AO3.1, AO3.2 e AO3.3 realizadas. AO3.4 acadada parcialmente. 

Acordos:

Continuar realizando as AO fixadas no Plan de Acción.

Observacións:

EduCalidade: están cargados os datos do PD e realizado o seguimento das accións.

Con respecto ás necesidades de equipamento está resolto os equipos de dirección. Comunicado o envío de paneis dixitais para aulas de infantil e primeiros cursos de EP.

3º Trimestre

A 20/04/2023:

Seguimento do plan de acción:

O01PD: AO1.1, AO1.2 e AO1.3 realizadas. Acadado o obxectivo. 

O02PD: AO2.1.,  AO2.2  feitas e AO2.3 realizada. AO2.4 en proceso.

O03PD: AO3.1, AO3.2 e AO3.3 realizadas. AO3.4 realizada. Obxectivo acadado.

Acordos:

Continuar realizando as AO fixadas no Plan de Acción.

Observacións:

EduCalidade: están cargados os datos do PD e realizado o seguimento das accións.

Con respecto ás necesidades de equipamento está resolto os equipos de dirección. Comunicado o envío de paneis dixitais para aulas de infantil e primeiros cursos de EP.

 

A 11/05/2023:

Seguimento do plan de acción:

O01PD: AO1.1, AO1.2 e AO1.3 realizadas. Acadado o obxectivo. 

O02PD: AO2.1.,  AO2.2  feitas e AO2.3 realizada. AO2.4 en proceso. Pendente a comprobación do nº de actividades. (* Logo de dita comprobación dase o obxectivo por acadado).

O03PD: AO3.1, AO3.2 e AO3.3 realizadas. AO3.4 realizada. Obxectivo acadado.

Acordos:

Continuar realizando as AO fixadas no Plan de Acción.

Observacións:

EduCalidade: están cargados os datos do PD e realizado o seguimento das accións.

Con respecto ás necesidades de equipamento está resolto os equipos de dirección. Comunicado o envío de paneis dixitais para aulas de infantil e primeiros cursos de EP.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación do Plan Dixital realizarase en dúas fases:

Avaliación Procesual. Como indica o seu nome, iremos avaliando o proceso de implementación do Plan Dixital. Propoñémonos valorar e reflexionar sobre o seu funcionamento e utilidade como mínimo unha vez ao trimestre e a medida que se vaian realizando as accións previstas para ver se cumprimos os obxectivos. Grazas a esta avaliación podemos realizar modificacións e axustes en función do estado de execución das accións, a valoración do resultado das mesmas e as posibles melloras que sexa necesario implementar.

Avaliación final. Ao final do curso, valoraremos globalmente o resultado da aplicación do Plan Dixital. Analizaremos se conseguimos os obxectivos formulados, se logramos os avances pretendidos, novas necesidades que poidan xurdir...

Logo da realización destas avaliacións procesuais e finais, teremos a información necesaria para formular as novas necesidades existentes e en consecuencia as propostas de mellora que se deben implementar de cara ao vindeiro curso escolar.

Valoración xeral

A valoración xeral da aplicación e desenvolvemento do Plan Dixital é positiva, xa que se acadaron os obxectivos propostos.

Durante a valoración procesual puidemos ir comprobando nas reunións co mentor ADIX como íamos desenvolvendo e cumprindo os obxectivos marcados, facendo os axustes precisos para acadalo.

Agora na avaliación final, como indicamos, podemos afirmar que conseguimos os tres obxectivos propostos na primeira versión do Plan Dixital, os cales ían enfocados sobre todo á formación tanto na protección de datos coma no emprego das novas tecnoloxías. Agora ben, a pesares de que as formacións se realizaron de xeito adecuado, non observamos que se trasladase en gran medida ao día a día das aulas só usándose de xeito moi puntual. Este extremo pode ser debido á falta de recursos tecnolóxicos adecuados, polo que haberá que valorar se agora coa implantación dos novos paneis dixitais o profesorado se anima a empregar máis as novas tecnoloxías. 

Proposta de mellora

Como propostas de mellora dende o centro propoñemos:

- Lograr que as formacións realizadas teñan un impacto máis directo na docencia empregándose efectivamente.

- A redución da carga burocrática que supón a implementación do Plan Dixital e a dixitalización e o rexistro de datos do funcionamento do centro educativo nas aplicacións. 

- A renovación de equipos informáticos moi obsoletos.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O presente Plan Dixital estará dispoñible para a súa publicidade e difusión na páxina web do centro, na sala de profesorado e no despacho do equipo directivo.