Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Para poder levar a cabo o seguimento do PD están previstas varias actuacións atendendo aos resultados das diferentes accións e á consecución dos obxectivos.
O equipo directivo xunto coa persoa coordinadora do equipo de dinamización do Plan Dixital serán os responsables de realizar as tarefas de seguimento e avaliación, mediante enquisas de satisfacción, formularios específicos, documentos de avaliación da práctica docente e resultados de avaliación do alumnado.
Neste primeiro trimestre o plan de acción xa se está a levar a cabo. Todos os obxectivos están iniciados e en proceso.
O Obx.2 xunto coa Acción 2.1, referido á creación de cursos e a matriculación do alumnado na Aula Virtual xa está realizado. todo o profesorado tanto de infantil, primaria e especialistas, crearon os seus cursos e matriculou ao seu alumnado nas diferentes materias.
Os seguintes obxectivos e accións están iniciadas e en proceso, e fan referencia á formación do profesorado na creación de recursos en Moodle e nas actividades publicadas na Aula Virtual. Serían os seguintes:
O Obx.1- acción AO1.1 e AO1.2. están en proceso.
O Obx.2 - acción AO2.2 está iniciada, así coma o Obx.3- acción AO3.1 en proceso.
Os acordos tomados son a de continuar desenvolvendo as diferentes accións do Plan de Acción.
O plan de acción neste segundo trimestre continúa desenvolvéndose para lograr acadar os obxectivos propostos.
O Obx.1 xunto coa acción AO 1.1 segue en proceso, AO 1.2 e AO 1.3 están iniciadas e en proceso.
En canto ao Obx.2- acción AO 2.1. xa está realizado e AO 2.2 e AO 2.3 continúan en proceso.
E finalmente o Obx.3 a acción AO 3.1 e 3.2 seguen en proceso.
Neste 3º trimestre os obxectivos propostos no Plan de acción xunto cos seus indicadores foron acadados satisfactoriamente. As diferentes accións que se levaron a cabo para cumprir cos eses obxectivos por parte do profesorado coma do alumnado fóronse conseguindo neste último trimestre.
Avaliación
A avaliación consistirá en determinar se os resultados finais foron acadados de forma satisfactoria e para levala a cabo terase en conta os seguintes aspectos:
- Grao de consecución dos obxectivos propostos no plan de acción.
- A efectividade das accións propostas.
- Temporalización das diferentes accións.
- Os indicadores de avaliación propostos para cada obxectivo.
- Comparacion de resultados: situación inicial coa situacion final.
Dende esta perspectiva durante o desenvolvemento do PD realizarase unha avaliación procesual, a frecuencia da súa realización será, como mínimo, unha vez ao trimestre, para avaliar o estado de execución das accións e valorar os resultados e de ser o caso, as posibles modificacións e propostas de mellora.
Na avaliación final, que se realizará unha vez rematado o curso escolar, valorarase a consecución dos obxectivos propostos. Do mesmo xeito, tamén se avaliará a consecución do seguimento das diferentes accións, o grao de implantación das medidas e tamén se contemplarán as limitacións que foron aparecendo durante o proceso e así realizar propostas de mellora para o vindeiro curso escolar.
Durante o desenvolvemento do PD levouse acabo unha avalición trimestral para poder avaliar o PD e pódese dicir que o resultado final foi acadado de forma satisfactoria.
Os obxectivos e os seus indicadores propostos no Plan de Acción foron conseguidos polos responsables das diferentes accións (maior parte profesorado e alumnado). Estes obxectivos tiñan asociadas unhas acción a desenvolver moi concretas, como por exemplo matriculación do alumnado, creacción de recursos didácticos, avaliación do alumnado mediante Moodle, etc. Eran moi específicos o que fixo que se acadaran de forma satisfactoria.
A temporalización nalgún momento do desenvolvemento do plan tivo que reaxustarse debido a cuestións organizativas do centro, pero isto non supuxo un problema para a consecución do obxectivo.
A valoración xeral é positiva, tanto por parte do alumnado coma do profesorado. Ambas partes mostraron o seu interese e compromiso coa competencia dixital.
Este plan ten un carácter anual e a súa temporalización aparece recollida dentro do propio Plan de Acción, polo cal as liñas de mellora para próximas revisións irán orientadas a realizar as adaptacións necesarias para que non se produzan desaxustes entre las distintas accións e así poder alcanzar de forma satisfactorio os obxectivos propostos.
Para o vindeiro curso escolar, seguirase na mesma de liña de traballo, centrándose naqueles puntos máis débiles e emendalos mediante un plan de acción acorde ás necesidades do centro.
Comunicación e difusión
Informarase ás familias presencialmente dos aspectos máis importantes deste plan nas reunións grupais de inicio de curso que se realizan no mes de setembro.
Será obxecto de difusión na páxina web do centro e remitirase aviso da súa publicación ás familias a través de Abalarmóbil.
A final de curso, enviarase a información relativa do PD aos membros do Claustro e ao Consello Escolar para a súa posterior avaliación.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipxacintoamigo/node/442