Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O seguimento do Plan Dixital, realízase vía seguimento das accións de cada obxectivo detalladas no plan de acción e coa temporalización especificada.
A día 22 de decembro de 2022 atópanse en estado realizado, tal e como se reflicte nas actas correspondentes das visitas do asesor Adix, as seguintes accións:
AO1.1: Elaboración de inventario dos equipos obsoletos ou de mal funcionamento
AO1.2: Solicitude á Consellería (UAC, AMTEGA,...) da renovación dos equipos
AO1.3:Adquisición dos equipos necesarios para adecuar a aula2 ao alumnado previsto no próximo curso
AO2.1: Solicitude de cursos de formación sobre a creación de contidos dixitais e continuación do PFPP do plan dixital
A día 31 de marzo de 2023 atópanse en estado en proceso todas as accións non realizadas no primeiro trimestre, tal e como se reflicte nas actas correspondentes das visitas do asesor
A día 30 maio de 2023 atópanse en estado realizado, tal e como se reflicte nas actas correspondentes das visitas do asesor Adix, todas as accións previstas no plan de acción e, en consecuencia, cumpridos todos os obxectivos.
Avaliación
Para avaliar o Plan Dixital propoñemos:
-
Unha avaliación trimestral nos claustros correspondentes no que se valorará o estado de execucións das accións seguindo as directrices marcadas no Plan de Acción.
-
Unha avaliación final, no claustro de fin de curso, na que se incluirá o estado de execución das accións, e se fará unha valoración dos resultados e o logro ou non dos obxectivos. Estes aspectos figurarán directamente nas propias táboas do Plan de acción nos apartados correspondentes. Tamén se farán as propostas de mellora para a redacción da seguinte versión do plan que se deberá realizar a comezo do curso seguinte.
Agardamos instrucións do asesor para cumplimentar este apartado
Agardamos instrucións do asesor para cumplimentar este apartado
Comunicación e difusión
O presente plan estará dispoñible para toda a comunidade educativa na páxina web do centro e haberá copia física na secretaría, na xefatura de estudos e na dirección do centro.
Na seguinte ligazón da páxina web do centro (http://www.edu.xunta.gal/centros/cpifontediaz/) pódese acceder ao texto completo do Plan Dixital do Centro: Plan Dixital de Centro