Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Para avaliar a consecución de obxectivos e a posta en marcha deste Plan Dixital, levárase a cabo unha avaliación procesual e outra final:
· Na avaliación procesual analizaremos con frecuencia trimestral o estado da execución das accións, así como os resultados das mesmas e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións. Tamén planificaremos datas alternativas no caso de aprazamento dalgunha acción.
· A avaliación final realizarase no remate do curso académico 2022-23 e valorará o logro dos obxectivos previstos e establecerá diversas propostas de mellora que se terán en conta no proceso de mellora continua do Plan Dixital.
Ó longo do primeiro trimestre acadáronse completamente os seguintes obxectivos: O01PD, O03PD, O04PD, O05PD.
O obxectivo O02PD está realizado parcialmente debido a que o Equipo de Dinamización do Plan Dixital tivo coñecemento da próxima implantación por parte da Consellería dunha aplicación para rexistrar o inventario, polo que se decidiu por unanimidade adiar a súa consecución ata que esté completamente implantada a aplicación.
O obxectivo O07PD revisouse porque se chegou á conclusión de que era demasiado ambicioso. Por este motivo se decidiu limitar a súa aplicación unicamente ós cursos 5º e 6º de Educación Primaria. Tendo en conta esta revisión acadouse completamente.
Ó longo do terceiro trimestre acadouse o obxectivo O06PD.
Avaliación
Para avaliar a consecución de obxectivos e a posta en marcha deste Plan Dixital, levárase a cabo unha avaliación procesual e outra final:
· Na avaliación procesual analizaremos con frecuencia trimestral o estado da execución das accións, así como os resultados das mesmas e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións. Tamén planificaremos datas alternativas no caso de aprazamento dalgunha acción.
· A avaliación final realizarase no remate do curso académico 2022-23 e valorará o logro dos obxectivos previstos e establecerá diversas propostas de mellora que se terán en conta no proceso de mellora continua do Plan Dixital.
A meirande parte do Plan Dixital foi executada sen maiores problemas.
De cara ó seguinte curso proponse realizar o inventario correspondente ó obxectivo O02PD cando se publique a aplicación destinada a ese fin. Ademáis, o profesorado formarase na utilización dos paneis interactivos que foron instalados no mes de maio.
Comunicación e difusión
Despois de que este Plan Dixital sexa aprobado polo Consello Escolar, será publicado na páxina web do centro nunha localización que sexa facilmente visible pola comunidade educativa.