Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN DO PLAN DIXITAL EN RELACIÓN COA NORMATIVA VIXENTE


A normativa que regula todo este procedemento queda recollida nos seguintes documentos:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022 
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 
     

CONTEXTUALIZACIÓN


O colexio Ntra. Sra. Inmaculada iniciou a súa actividade o 5 de novembro de 1.958 na localidade de Santa Comba (A Coruña), baixo a dirección de D. José Quintela Busto. Ata 1.970 estivo ubicado na Avda. Alfonso Molina, trasladándose nesa data a r/ Santiago nº 4 e posteriormente ao nº 15 da mesma. Coa orde do 26 de xaneiro de 1.998 (D.O.G. 16 de febreiro) autorízase definitivamente o centro, sendo a súa composición actual a seguinte:

  • Educación Infantil 2 unidades concertadas.
  • Educación Primaria 5 unidades concertadas. 
  • Unha unidade mixta en 3º e 4º de Ed. Primaria.

A localidade posúe unha poboación maioritariamente rural, sendo tamén importante a porcentaxe de poboación que tivo que emigrar e a que ocupa o sector servizos. 

No que se refire á incardinación e contribución deste documento ao proxecto educativo, pasa a ser un referente que pretende axudar a levar a cabo, os obxectivos que xa se viñan formulando  en cursos anteriores no plan de introdución das TIC. Algún destes obxectivos son:

  • Potenciar o emprego da informática como ferramenta de traballo no proceso de ensino-aprendizaxe, utilizándoa de forma activa por parte dos alumnos/as. 
  • Fomentar o uso dos medios informáticos, facilitando o acceso a esta ferramenta por parte dos alumnos/as como medio de apoio e reforzo nas súas aprendizaxes. 
  • Favorecer a súa utilización por parte do profesorado nas súas tarefas habituais do Centro: programacións, memorias, plans, circulares, normativas, actividades, etc. 
  • Impulsar a comunicación con outros centros e con outras localidades, co fin de coñecer e trasmitir valores sociais e de respecto a outras formas de vida e costumes. 
  • Facilitar a busca de información e o tratamento crítico desta, como forma de coñecer o mundo de Internet e as súas posibilidades de acceso á información útil
  • Utilizar o ordenador e as PDI como medios de investigación para ampliar coñecementos e elaborar pequenos proxectos a nivel individual e/ou colectivo. 
  • Utilizar o ordenador e as PDI como medio de creación, de integración, de cooperación, de potenciación de valores sociais e de expresión das ideas de cada un.
  • Utilizar as TIC como medio de perfeccionar a actividade docente a través da súa utilización, de aproveitar a información que delas poida sacar, e para mellorar a formulación pedagóxica a través da súa utilización 
  • Saber consultar información a través do ordenador, tanto de temas profesionais: concursos, cursos de formación, convocatorias...como de temas interesantes para a súa actividade docente. 
  • Intercambiar experiencias, coñecementos, actividades, e/ou participar en debates,… a través de Internet. 

O Plan Dixital vén a contribuír á inmersión do centro nas novas tecnoloxías como ferramentas fundamentais do proceso de ensino-aprendizaxe. O centro está participando actualmente na Plataforma Snappet, grazas á que o alumnado traballa con tablets no centro e coa que poden reforzar os contidos aprendidos no centro.

Por último a PXA verase enriquecida por este documento incorporando á mesma a pretensión dun maior aproveitamento de todos os recursos tecnolóxicos da nosa comunidade. Pasará a ser parte do eixo vertebrador que fundamente o uso de infraestruturas tecnolóxicas, formacións do alumnado, profesorado e familias, cun aproveitamnto máis reflexivo, estuado e estruturado de todos eles. 

Dentro do Plan Dixital contémplanse varias actuacións que permitirán ampliar e reforzar as  estratexias dixitais do noso centro. Ao mesmo tempo, ao contar con ferramentas de avaliación específicas para cada unha destas medidas e sistemas cuantificables de rendemento, será fácil levar a cabo a avaliación do plan e analizar o seu éxito, puntos de mellora e mesmo obxectivos para continuar coa súa integración e optimización nos sucesivos cursos escolares. Intentarase sempre ampliar o seu impacto nas máximas áreas posibles do quefacer diario do centro, procurando o emprego das TIC como ferramenta que axude, axilice e mellore todos os procesos nos que interveñan. 

PROCESO DE ELABORACIÓN


A elaboración do PD levouse a cabo por parte do Equipo de Dinamización do Plan Dixital, constituído pola Directora do Centro e outra mestra, sendo esta última a coordinadora do mesmo. A coordinadora mantivo catro reunións presenciais co coordinador Adix do centro e co seu asesoramento completáronse todas as etapas previas para a redacción do plan. 
No primeiro trimestre realizouse a avaliación inicial a través da ferramenta SELFIE para coñecer o estado do noso centro en canto dixitalización.  
No comezo do segundo trimestre implementouse o Test CDD para coñecer a competencia dixital dos mestres e mestras do centro. 
Coa información destas dúas ferramentas procedeuse a realización do DAFO do noso centro facendo unha análise de debilidades, amezas, fortalezas e oportunidas.
No terceiro trimestre elaboránrnse as táboas do plan de acción e por último procedeuse a redacción do Plan Dixital.
Cabe sinalar que o seguimento por parte do mentor da nosa zona, establecía a entrega de diversas tarefas ao longo do curso. Posteriormente ditas tarefas terían concreción neste documento e  axudaron a ter unha temporalización organizada na súa elaboración.
 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos utilizados para a recollida de información previa foron:

  • No primeiro trimestre realizouse a avaliación inicial a través da ferramenta SELFIE para coñecer o estado do noso centro en canto dixitalización.  
  • No comezo do segundo trimestre implementouse o Test CDD para coñecer a competencia dixital dos mestres e mestras do centro. 
  • Coa información destas dúas ferramentas procedeuse a realización do DAFO do noso centro facendo unha análise de debilidades, amezas, fortalezas e oportunidas.
  • No terceiro trimestre elaboránrnse as táboas do plan de acción e por último procedeuse a redacción do Plan Dixital.
Interno
50 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H8. ED (4) e prof (3,3) consideran que o alumnado non aprende suficientes estratexias para comunicarse mediante a teconoloxía Alumnado Non
Debilidade H6. ED (3) e prof (3,1) opinan que o alumnado debe aprender a empregar responsablemente o traballo doutras persoas en internet. Alumnado Non
Debilidade H7. ED (1) e prof (1,6) opinan que o alumnado non aprende a crear contidos dixitais Alumnado Non
Debilidade H11. ED (4), prof (4) e alumnado (2,4) afirman que o alumnado non aprende a programar/codificar no centro. Alumnado Non
Debilidade H13. ED (4) e prof (3,6) opinan que o alumnado non é quen de resolver os problemas técnicos que xorden nas TIC. Alumnado Non
Debilidade Algúns alumnos/as teñen un acceso limitado a dispositivos dixitais e a internet nos seus fogares. Familias Non
Debilidade C10. Tanto ED (1) como prof (1,3) afirman que non existen dispositivos na escola que o alumnado poida levar para casa. Infraestruturas Non
Debilidade C.13. ED (1) e prof (1,1) corroboran que o alumnado non trae os dispositivos propios para empregalos na clase. Infraestruturas Non
Debilidade C16. ED (1) e prof (1,3) concordan en que non existen repositorios/bibliotecas en liña no centro. Infraestruturas Non
Debilidade C.15. ED (2) e prof (1,9) consideran que o ACNEE non ten un correcto acceso ás tecnoloxías de apoio Infraestruturas Non
Debilidade A1. O ED (4) e o prof (3,6) consideran que non existe unha estratexia dixital sólida Organización de centro Non
Debilidade E2. tanto EDI (1) coma prof (2,8) consideran que non se crean os suficientes recursos dixitais. Organización de centro Non
Debilidade C.16 tanto EDI (1) como prof(1,3) indician que non existe biblioteca ou repositorios en liña. Organización de centro Non
Debilidade C5. tanto EDI(4) como prof(3,9) consideran que non hai asistencia ténica suficiente dispoñible. Organización de centro Non
Debilidade E3. ED e prof (4 e 1,9) consideran que non se están a utilizar entornos de aprendizaxe dixitais co alumnado Persoal docente Non
Debilidade E2. ED (1) e prof (2,8) afirman que o profesorado non crea recursos dixitais para reforzar o ensino Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado participa na autoavaliacón e coavaliación empregando ferramentas dixitais. Alumnado Non
Fortaleza H1. ED (4), prof. (3,9) e alumnado (4,4) consideran que o alumnado aprende a actuar con seguridade en internet. Alumnado Non
Fortaleza H3. ED (4), prof (4,1) e alumnado (4,7) consideran que o alumnado aprende a actuar de maneira responsable en internet. Alumnado Non
Fortaleza H4. ED (4), prof (4,1) e alumnado (4) afirman que o alumnado do centro aprende a valorar se a información de internet é fiable. Alumnado Non
Fortaleza H10. ED (5), prof (4,8) e alumnado (4,9) afirman que o ED garante que o alumnado aprenda habilidades dixitais nas diferentes materias. Alumnado Non
Fortaleza PEC3. As familias poden consultar as novidades e información relevante ao centro na web ou no blog Familias Non
Fortaleza C2. ED (5) e prof (4,8) consideran que existen dispositivos dixitais para o seu uso na docencia (igual se puede poner como amenaza para buscar financiación para comprar dispositivos) Infraestruturas Non
Fortaleza C8. ED (5), prof (4,6) e alumnado (5) corroboran que existen dispositivos dixitais no centro para o uso do alumnado. Infraestruturas Non
Fortaleza C1. ED (5) e prof (4'8) consideran que a infraestrutura dixital propia do centro é favorable á aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza C11. ED (5) e prof (4,5) afirman que existen medidas no centro para identificar as dificultades que xurden co aprendizaxe mixto. Infraestruturas Non
Fortaleza C14. Tanto ED (5) como prof (4,6) afirman que os espazos físicos facilitan a aprendizaxe e o ensino con tecnoloxías. Infraestruturas Non
Fortaleza A2. O ED (5) e o prof (4,6) consideran que se ten en conta a opinión deste último para desenvolver a estratexia dixital. Organización de centro Non
Fortaleza Tanto A3 (5) (4,6) como A4 (5)(4,3) favorecen apoio ao profesorado para explorar uso de ensinanzas con tecnoloxías e adamais dispomos de tempo para ameza. Organización de centro Non
Fortaleza C12 tanto ED (5) como Prof(4,5) afirman que teñen un plan de axuda de aprendizaxe mixto acorde en relacióin ás necesidades do alumnado. Organización de centro Non
Fortaleza C14. Tanto EDI (5), como prof(4,6) afirman que no noso centro, os espazos físicos facilitan o ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza B1 tanto ED (5) como prof (4,6) evalúan progresos de ensino aprendizaxe con tecnoloxías. Organización de centro Non
Fortaleza G8. ED (5) e prof (4,4) afirman que o prof. facilita ao alumnado o uso das TIC para documentar a aprendizaxe. Organización de centro Non
Fortaleza E4. ED e prof (4 e 4,1) afirman que se empregan tecnoloxías dixitais na comunicación coas familias. Persoal docente Non
Fortaleza F1. ED, prof e alumnado (5, 4,6 e 4,9) afirman que o prof. utiliza as TIC para adaptar a súa ensinanza ás necesidades do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza F6. ED (5) e prof (4,4) afirman que se fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares usando TIC. Persoal docente Non
Fortaleza D1. ED (4) e prof (4,8) afirman que o ED reflexiona co profesorado sobre as súas necesidades de formación en relación ao ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza D2. ED (5) e prof (4,8) afirman que o profesorado ten posibilidades de FPC en materia de ensino e tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza F3. Tanto ED(5) como prof (4,3) consideran que o prof. utiliza as TIC para fomentar a creatividade do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza G1. ED e prof (5 e 4,8) afirman que as TIC se empregan na avaliación das competencias do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza G6. ED (5) e prof (4,4) empregan as TIC para que o alumnado poida comentar o traballo dos compañeiros. Persoal docente Non
Fortaleza B2. Os nosos profesores utilizan as tecnoloxías dixitais para adaptar o seu método de ensino ás necesidades individuais do alumnado. EDI(5), prof (4,6), alumnado (4,9) Persoal docente Non
Fortaleza D3. Tanto ED (5) como prof (4,6) corroboran que o ED axuda ao profesorado a intercambiar experiencias en relación ás tecnoloxías e o ensino. Persoal docente Non
Fortaleza E1. ED e prof (5, 5) afirman que o profesorado busca recursos dixitais educativos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza E5. ED e prof (5 e 4,6) afirman que o profesorado emprega recursos educativos abertos. Persoal docente Non
Fortaleza F4. ED (5), prof (4,4) e alumnado (4,6) afirman que se levan a cabo actividades dixitais motivantes para o alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza F.5. ED (5), prof (4,4) e alumnado (3,3) consideran que se emprega a tecnoloxía para facilitar a colaboración entre o alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza G3. ED e prof (5 e 4,8) afirman que se empregan as TIC para dar unha retroalimentación axeitada ao alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza G5. Tanto ED (5) como prof (4,8) consideran que se empregan as TIC para facer reflexionar ao alumnado sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza G6. ED (5) e prof 4,4) empregan as TIC para que o alumnado poida comentar o traballo dos compañeiros. Persoal docente Non
50 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C3. Malia que o ED (5), prof (4,8) e alumnado (4,9) afirman que existe acceso a internet no centro, tamén recalcan que a conexión é pouco fiable e que debe mellorarse. Administración educativa Non
Ameaza O deseño das ferramentas corporativas da Admón. é pouco intutitivo e funcional. Administración educativa Non
Ameaza Algúns alumnos/as teñen un acceso limitado a dispositivos dixitais. Contorna Non
Ameaza C7. O EDI (3) e prof (3,3) sinalan que non existen sistemas de protección de datos. Lexislación Non
Ameaza A excesiva burocracia afecta ás iniciativas innovadoras por parte dos centros. Lexislación Non
Ameaza A5. A pesar da opiniñon do ED (5) e prof (4,9) non existe un coñecemento suficientemente profundo sobre. O uso das licencias e dereitos dea autor Lexislación Non
Ameaza B3. (5)(4,4) Non se utilizan tecnoloxías para colaborar con outras organizacións. Outras Non
Ameaza Non existen colaboración ou proxectos externos Outras Non
Ameaza B4. (4) (3,4) Non está a colaborar con entidades externas para apoiar o uso das TIC Outras Non
Oportunidade A infraestructura dixital do centro é favorable e o mesmo está aberto a recibir apoio por parte da Admón. Ed. en materia de teconoloxías. Administración educativa Non
Oportunidade O centro conta con espazos físicos que facilitan a aprendizaxe e ensino coas tecnoloxías e co apoio da Admón. Ed. Administración educativa Non
Oportunidade A Admón. Educativa aposta pola modernización e dixitalización dos centros. Administración educativa Non
Oportunidade A administración educativa aposta polo Plan Dixital. Administración educativa Non
Oportunidade Amosa unha actitude colaborativa co centro, o que se pode aproveitar para a realización de cursos en materia dixital. ANPA Non
Oportunidade Existen numerosas entidades coas que se pode colaborar. ANPA Non
Oportunidade As familias reciben de bo grao as iniciativas en materia dixital. Contorna Non
Oportunidade Existen numerosas entidades coas que se pode colaborar Outras Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tras analizar os test realizados así como o DAFO elaborado, ponse de manifesto unha serie de carencias que se intentarán mellorar. Por un lado, é preciso mellorar a infraestrutura dixital do noso centro, no que se refire a web  do centro, rede de conexión WIFI e equipamentos informáticos. Por outra banda, é preciso afondar na formación TIC do noso profesorado e no currículum TIC do noso alumnado. 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a calidade da rede do centro educativo. (Área C Infraestrutura e equipamentos C3*)
O02PD Revisar os dispositivos dixitais da aula de Informática (Área C Infraestruturas e equipamentos C8*)
O03PD Participación en experiencias de desenvolvemento profesional continuo (Área D desenvolvemento Profesional Continuo D2*)
O04PD Actualizar os espazos de visibilidade e soporte para o centro, en concreto a web (Área C Infraestruturas e equipamentos EC 3*)
O05PD Incrementar a participación do alumnado na creación de contidos dixitais, en concreto, entradas na páxina web (Área H Competencias dixitais do alumnado H7)

Seguimento

Procedemento

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:

Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 22-23. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de acción. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto. 

Ademais, tamén se revisan as accións dos distintos plans de acción nas visita da persoa mentora.

1º Trimestre

Revisión do estado dos plans de acción con parte do  EDPD

  • Mellorar a calidade da rede do centro educativo (OBX 1): xa acadado.  
  • Revisar os dispositivos dixitais da aula de Informática (OBX 2)  en proceso: 
    • Revisión de equipos por parte de empresa (colocarán tamén novas paneles dixitais interactivos de 65 pulgadas e equipos informáticos para dúas aulas).
    • Actualización de software: encargarase tamén a empresa mencionada con anterioridade. 
  • Participación en experiencias de desenvolvemento profesional (OBX 3): xa acadado. 
  • Actualizar os espazos de visibilidade e soporte para o centro, en concreto a web (OBX 4): en trámite, parcialmente modificada a web do centro.
  • Incrementar a participación do alumnado na creación de contidos dixitais, en concreto, entradas na páxina web (OBX 5): aprazado  a segundo trimestre por necesidades de centro. 
2º Trimestre

Revisión do estado dos plans de acción con parte do  EDPD

  • Mellorar a calidade da rede do centro educativo (OBX 1): xa acadado.  
  • Revisar os dispositivos dixitais da aula de Informática (OBX 2)  en proceso: 
    • Revisión de equipos por parte de empresa. Xa están instalados novos paneles dixitais interactivos de 65 pulgadas e equipos informáticos para dúas aulas
    • Actualización de software: encargarase tamén a empresa mencionada con anterioridade. Este obxectivo segue pendente. 
    • Pendente de revisión equipamentos informáticos da aula de informática.
  • Participación en experiencias de desenvolvemento profesional (OBX 3): xa acadado. 
  • Actualizar os espazos de visibilidade e soporte para o centro, en concreto a web (OBX 4): xa acadado veñen de abrila á comunidade educativa o luns 23 de xaneiro (enlace nesta mesma acta). 
  • Incrementar a participación do alumnado na creación de contidos dixitais, en concreto, entradas na páxina web (OBX 5): en proceso de realización. 
3º Trimestre

Revisión do estado dos plans de acción con parte do  EDPD

  • Mellorar a calidade da rede do centro educativo (OBX 1): xa acadado.  
  • Revisar os dispositivos dixitais da aula de Informática (OBX 2): parcialmente acadado. Este obxectivo será susceptible de terr continuidade no vindeiro curso 23-24.
  • Participación en experiencias de desenvolvemento profesional (OBX 3): xa acadado. 
  • Actualizar os espazos de visibilidade e soporte para o centro, en concreto a web (OBX 4): xa acadado.
  • Incrementar a participación do alumnado na creación de contidos dixitais, en concreto, entradas na páxina web (OBX 5): xa acadado. No que se refire a formación do alumnado esta acción non foi realizada, posible proposta de mellora para o vindeiro curso sería que o alumnado tivese este tipo de formación (Scratch, Google Classroom, Agueiro...)

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:

Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 22-23. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de acción. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto. 

Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 22-23. Farase unha revisión da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados correspondentes de cada unha das táboas do plan de acción para o seu cumprimento. 

Valoración xeral

No que que respecta á valoración do Plan Dixital do noso centro, comentar que se levou a cabo practicamente na súa totalidade.

En canto á valoración e aos obxectivos alcanzados destácase que mellorou notablemente a calidade da rede wifi xa que se aprecia un funcionamento diario correcto. así mesmo mellorou o funcionamento dos dispositivos dixitais de uso para o profesorado.
A participación do profesorado en experiencias de desenvolvemento profesional continuo foi correcta (dous cursos e mesmo tres).
A páxina web do centro foi actualizada e continúa actualizándose diariamente tanto con experiencias propostas polo profesorado como coa participación do alumnado. 

No obxectivo 1, aínda que o indicador de logro era o número de presupostos solicitados, finalmente non foi necesario realizar esa acción conseguíndose igualmente o obxectivo. De aí que, por coherencia, se marcaran catro presuposto cando realmente só había un. Pero repetimos, o obxectivo final, melloría da conectividade, si se logrou.

No obxectivo 2, quedan pendente a revisión de equipamentos da aula de informática unha acción que intentará realizarse no vindeiro curso 23-24.

No obxecitvo 5,  posible proposta de mellora para o vindeiro curso sería que o alumnado tivese este tipo de formación (Google Classroom, Agueiro...)

Continuaremos traballando neste liña a través da elaboración de novos obxectivos para o vindeiro curso 23-24 sendo prioridade para nós seguir afondando na formación do profesorado e do noso alumnado.

Proposta de mellora

De cara o vindeiro curso, consideramos tras a experiencia recente, centrarnos en menos obxectivos e dedicarlle un tempo de maior calidade. A carga burocrática dos centros educativos en ocasións difciulta a posta en marcha de todas as iniciativas programadas. 

En canto ás propostas de mellora: 

  • Preténdese que para o próximo curso todo o profesorado do centro involúcrese o o proceso de avance na dixitalización educativa, asista a cursos de formación en TIC e continúe acreditando a súa Competencia Dixital Docente.
  • Doutra banda, pretendemos aumentar a participación do alumnado o contidos de creación dixital e así tamén a súa competencia dixital. Por este motivo o alumnado no vindeiro curso realizará formación en programación por bloques (Scratch).
  • Para finalizar, mellorar a dispositivos da aula de informática será un obxectivo para alcanzar cara ao vindeiro curso. 
  • Solicitude de equipamento dixital segundo a ORDE do 11 de maio de 2023 para a dotación de aulas dixitais. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Enviarase un enlace ás familias co documento para facelas coñecedoras da súa creación. Tamén se enviará a todo o claustro vía correo electrónico e ao Consello Escolar.

Enlace ao Plan Dixital do noso centro