Inicio

ENQUISA DE DIAGNOSE DA CONVIVENCIA ESCOLAR 2023

Ampliación do prazo de participación ata o 31 de maio

Antes de comezar, lea as instrucións para participar na enquisa de convivencia desde o seu centro educativo. A continuación, tamén pode consultar a guía para responder

De ser necesario, revise detidamente as preguntas frecuentes.

Para aquel alumnado que o precise, é posible descargar e imprimir un cuestionario pictográfico. NOTA: As respostas deben ser trasladadas do papel ao cuestionario dixital para o alumnado que require asistencia, empregando a ligazón que figura máis abaixo e a clave de acceso do/a alumno/a.

 

ACLARACIÓNS:

COLECTIVOS PARTICIPANTES:

  • Alumnado: todo o alumnado a partir de 5º de Educación Primaria (5º e 6º de Primaria, ESO, FP Básica, Bacharelato, Formación Profesional, Ensinanzas de Persoas Adultas, Ensinanzas de Réxime Especial, etc).
  • Profesorado: todo aquel que imparte docencia no centro educativo durante o curso académico completo.
  • Persoal non docente: todo o persoal non docente do centro educativo.
  • Familias: todas as familias responsables de alumnado con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos, cubrindo un cuestionario por familia e centro educativo.

 

O enderezo electrónico dos diferentes cuestionarios de convivencia é a seguinte:

"Recollida de datos para o alumnado de Educación Primaria" en https://edu.xunta.gal/convpri

"Recollida de datos para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria" en https://edu.xunta.gal/conveso

"Recollida de datos para o alumnado de ensinanzas postobrigatorias" en https://edu.xunta.gal/convpost

"Recollida de datos para o alumnado que require asistencia e fai uso do cuestionario pictográfico" en https://edu.xunta.gal/convee

"Recollida de datos para o profesorado" en https://edu.xunta.gal/convdoce

"Recollida de datos para o persoal de administración e servizos" en https://edu.xunta.gal/convpas

"Recollida de datos para as familias" en https://edu.xunta.gal/convfamil

 

No enlace http://educonvives.gal pode atopar información adicional sobre esta iniciativa.