Inicio

24/11/2021:Novo campo obrigatorio no rexistro de colaboradores comedores escolares

A partir de hoxe, será obrigatorio ter rexistrado un enderezo electrónico para a notificación do pago trimestral ás persoas colaboradoras do comedor escolar.

  • Tipo colaborador: Pais, nais e titores, será necesario ter o correo electrónico rexistrado na aplicación XADE
  • Tipo colaborador: Non docentes, será necesario ter o correo electrónico rexistrado na aplicación de Persoal.
  • Tipo colaborador: Outros, será necesario rexistrar o correo electrónico na propia aplicación de Comedores no rexistro de persoas

No momento do peche trimestral, todos os colaboradores deberán contar cun correo electrónico rexistrado.

Rexistro de persoal docente como usuarios

  • Os docentes só poden ser rexistrados como usuarios con tipo de pago "Abono 4,50 euros". A aplicación descontará, dos servizos consumidos como usuario, aqueles nos que o docente figurara ese día como director, substituto, encargado, delegado ou colaborador.

Cálculo bolsa comedores (só comedores xestión directa):

  • Recorde que é necesario ter configurados os días de comedor de todo o trimestre para que se poidan realizar os cálculos.
  • Recorde tamén que deben figurar confirmados aqueles usuarios non alumnos (docentes, non docentes, pais...) que fagan uso do servizo, aínda que teñan a condición de colaboradores, director ou encargado.