Ruta Administrar > Construción do sitio > Vistas.

  • Facer click en "Engadir":
    • Nome da vista: slide
    • Tipo: Nodo

creandoavista

  • Facer click en "Seguinte".

Na páxina de configuración xeral da vista:

  • Deixar a opción "predeterminados" sen cambios.
  • No desplegable, seleccionar "Bloque" e facer click en "Engadir unha visualización"
Predeterminado display bloque

A continuación configuraranse os parámetros para a visualización (display) de tipo bloque creada:


AXUSTES BÁSICOS

Cambiaranse o "Nome de sistema" e o "Nome" do bloque para poder identificalos posteriormente con maior facilidade.

  • Facer click en "Nome de sistema"

nome_sistema

  • Facer click en "Nome"

nome bloque

O resultado final deberá ser o seguinte:

axustes básicos


FILTROS

Facer click na icona co signo "+" para engadir un filtro (inicialmente non hai ningún filtro definido).

Na parte inferior aparecerá a ventana de configuración "Bloque: Engadir filtros".

  • No desplegable "Grupos", seleccionar "Nodo": Grupos: Nodo.
  • Marcar as opcións:
    • Node: Publicado (Para filtrar unicamente nodos que teñan marcado o check de publicados).

engadir filtros

  • Facer click en "Engadir". Establecemos as condicións para o filtro engadido no paso anterior:
    • Publicado= "Si" .
      • Facer click en "Update and override"  (Non facer caso das mensaxes de aviso que aparecen no apartado vista previa: desaparecerán unha vez a vista estea completamente definida),

filtro publicado

Engadir outro filtro co signo "+":

  • No desplegable "Grupos", seleccionar "Taxonomía": Taxonomía: Termo

filtro taxonomia:termo

    • Premer en "Engadir"
      • Configurar o filtro creado con Operador "É igual a" e Valor "portada" para amosar as imaxes publicadas nese termo:

configurar filtro taxonomia:termo

      • Premer en "Actualizar".

O resultado final para os filtros sería o seguinte:

filtros final

NOTA: É posible que a primeira vez que se define un filtro non cambie o valor. Por exemplo, no noso caso, é posible que o filtro Nodo:Publicado teña o valor Non. De ser así, simplemente hai que editar o filtro "Nodo:Publicado" facendo click sobre él, cambiar o valor a "Si" e facer click en "Actualizar".


CAMPOS

Facer click na icona co signo "+" para engadir un campo (inicialmente non hai ningún campo definido).

Na parte inferior aparecerá a ventana de configuración "Bloque: Engadir campos".

  • No desplegable "Grupos", seleccionar "Imaxe". Grupos: Imaxe.
  • Marcar a opción:
    • Imaxe : Imaxe

engadindo o campo Imaxe

  • Facer click en "Engadir"
  • Na ventana de configuración que aparece:
    • Deixar título administrativo en branco
    • Deixar etiqueta en branco (Por defecto aparece "Imaxe").
    • En Image size to show escoller o tamaño de imaxe Slide:

Escoller o tamaño das imaxes

    • Facer click en "Update and override".

A configuración final para os campos deberá ser a seguinte:

Configuración campos final


CONFIGURACIÓN DO ESTILO

Seleccionar a visualización "Bloque" (Despois de gardar no paso anterior volve á visualización predeterminada).

  • Facer click na opción "Estilo: Sen Formato" e seleccionar SlideShow.

slideshow

  • Facer click en "Update and override".

Finalmente, pódense configurar diferentes opcións para o slide.

As máis interesantes son:

  • "Transition > Effect", para modificar as transicións entre as imaxes do slide.

Efectos transición

  • "Action > Timeout": para especificar o tempo da transición en milisegundos.

timeout

  • Unha vez rematada a configuración, facer click en "Actualizar"

Finalmente hai que gardar a vista.

Última modificación: martes, 23 de maio de 2017, 3:40 PM