Proxecto E-Dixgal: Circular inicio de curso

Estimado/a director/a.

A través desta comunicación, facémoslle chegar unha serie de instrucións sobre o desenvolvemento do Proxecto E-Dixgal de cara ao inicio de curso 2024/25:

 

INFORMACIÓN EN XADE

Para axilizar os procesos de acceso á plataforma EVA e de xestión do equipamento, é moi importante que na aplicación XADE figure a asignación do profesorado a cada grupo  e materia dos niveis E-Dixgal.

  • Menú de XADE = "Alumnado - Grupos - Grupos Simples - Mantemento": Nesta pantalla debe seleccionar o/a titor/a do grupo
  • Menú de XADE = "Alumnado - Grupos - Grupos Simples - Profesorado": Nesta pantalla debe marcar todos os profesores/as que imparten algunha materia no grupo
  • Menú de XADE = "Alumnado - Grupos - Grupos Simples - Materias": Nesta pantalla debe seleccionar o/a profesor/a que imparte cada materia en concreto

Para que os datos recollidos en Xade queden reflectidos no EVA (e en abalarMóbil), deberá facer visibles os grupos: Utilidades > Xestión > Opcións Abalar > Visualizar grupos. Mentres as materias non estean asignadas en Xade, o profesorado poderá crear novos espazos, consultar o catálogo e empregar a Ferramenta de Autor

 

VARIACIÓNS NA MATRÍCULA

Os datos de alumnado e grupos son actualizados todos os días de forma automática desde XADE, polo que non é preciso notificar de forma específica variacións na matrícula. Unicamente a partir do mes de outubro, será preciso solicitar equipos para o novo alumnado se no centro non hai un número suficiente de reserva.

 

CESIÓN DOS EQUIPOS DE ALUMNADO

Todos os procesos de xestión dos acordos de cesión (asignación de equipos ao alumnado, impresión dos acordos de cesión e remisión dos acordos) deben realizarse desde a ferramenta de Xestión do equipamento E-Dixgal (https://glpi.edu.xunta.gal/premium/admin/login.php)

 

As persoas encargadas da dirección do centro e da coordinación E-Dixgal deben ter acceso a esta aplicación. No caso de problemas no acceso deberase abrir unha incidencia no Soporte Premium (soporte.premium@edu.xunta.gal)

O equipo do alumnado debe ser entregado á familia en concepto de cesión de uso. Dado     que o equipo se cede para que o alumnado e as familias dispoñan do mesmo non só no centro, senón tamén no seu domicilio, as familias deberán asinar o documento de compromiso de cesión do equipo.

As familias que non asinen o documento de compromiso de cesión do equipo non poderán retirar o equipo do centro, o que pode ocasionar importantes trastornos para o desenvolvemento das actividades educativas dos seus/súas fillos/as.

No caso de centros participantes en anos anteriores no proxecto E-Dixgal no que o número de equipos asignados sexa superior ao cómputo especificado anteriormente (alumnado matriculado máis equipos de reserva), procederase á retirada do exceso de equipos por parte do persoal do Soporte Premium.

As familias con alumnado actualmente matriculado en grupos E-Dixgal no curso 2024/25, que no curso anterior asinaron o acordo de cesión e non devolveron o equipo no período estival, non terán que volver a asinalo xa que se considera vixente o acordo do curso pasado.

Os documentos de cesión do equipamento asinados este curso polas familias deberán ser dixitalizados e remitidos a través da propia aplicación https://glpi.edu.xunta.gal/premium/admin

 

ACCESO AO EVA DO ALUMNADO

O nome de usuario de acceso ao EVA por parte do alumnado será o mesmo co do pasado curso, pero os contrasinais están reseteados. Como en anos anteriores, será o profesorado o encargado de facerlle chegar ao alumnado a clave provisional de acceso ao EVA. O contrasinal modificado polo alumnado deberá ter 8 caracteres e como mínimo unha maiúscula, unha minúscula e un número.

Na seguinte ligazón ten máis información de como realizar esta xestión: https://www.edu.xunta.gal/centros/abalar/aulavirtual/mod/page/view.php?id=4324

 

SOPORTE PREMIUM

O proxecto E-Dixgal conta cun equipo de soporte específico (Soporte Premium) que canalizará todas as incidencias relativas a centros, familias e profesorado.

As canles de contacto que dispoñen os usuarios son as seguintes:

 

 

SEGURO

As familias que o desexen poden contratar de xeito voluntario un seguro anual (válido desde setembro de 2024 ata agosto de 2025), que permite cubrir o risco dos danos no portátil non contemplados na garantía.

O custo anual do devandito seguro é de 49 € (I.V.E. incluído), e as familias poden realizar a contratación a través do número de teléfono 881 505 136.

 

PRESENTACIÓN DOS CONTIDOS CURRICULARES EDITORIAIS

Dende o xoves día 5 ata o luns día 9 setembro de 12:00 a 13:00 h, grazas á colaboración das empresas provedoras de contidos educativos dixitais do proxecto E-Dixgal, van ter lugar uns webinars para afondar no modelo funcional e pedagóxico dos recursos editoriais publicados no Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA).

O profesorado interesado en recibir esta primeira formación do curso 2024/25, pode incorporarse a estas sesións a través das seguintes ligazóns:

Netex-Smart: “Traballa con contidos SmartClassroom de Netex

Edebé: “Traballar con Situacións de Aprendizaxe dE Edebé”

  • Venres 6 de setembro de 12:00h. a 13:00h.
  • Inscrición para o webinar (é necesario inscribirse antes do venres día 6 de setembro)

Aulaplaneta: “Novidades 2024/25: cómo preparar as túas clases con os contidos curriculares dixitais do Proxecto E-Dixgal”

 

DOCUMENTACIÓN PROXECTO E-DIXGAL

Na          Aula       Aberta   Abalar   (https://www.edu.xunta.gal/centros/abalar/aulavirtual/) recóllese información e documentación útil para o profesorado de niveis E-Dixgal.

Na URL: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/e-dixgal pode atopar máis información  sobre o Proxecto E-Dixgal.

 

EQUIPOS DE PROFESORADO

Posteriormente á entrega do material para o alumnado, comezará a entrega dos equipos ao profesorado. Desde a ferramenta de Xestión do equipamento a persoa coordinadora debe indicar explicitamente para cada profesor ou profesora do centro se desexa ou non recibir o portátil E-Dixgal.

 

SOPORTE E ASESORAMENTO

Para calquera dúbida ou aclaración sobre algún dos puntos anteriores pode poñerse en contacto co seu asesor/a Abalar de zona da AMTEGA.

 

Prégase a difusión deste correo entre o profesorado do seu centro.

Moitas grazas pola súa colaboración.


Última modificación: xoves, 26 de setembro de 2024, 6:23 PM