InformaciónCrear "escalas" personalizadas de cualificación dos resultados

Frecuentemente será necesario empregar escalas de cualificación non numéricas, do tipo:

      • Non Apto, Apto
      • Mal, Regular, Ben

Podemos crear as nosas propias "escalas" personalizadas para usar nas cualificacións das nosas tarefas:

Este sería o procedemento para crear unha nova escala no teu curso:

1.- Como profesor do curso fai clic en  "Administración - Administración do curso - Axustes do libro de cualificacións"
3.- No despregable Axustes do libro de cualificacións fai clic sobre "Escalas -Ver".
4.- Pulsa sobre o botón "Engadir unha nova escala"
5.- Ponlle un nome á túa escala e introduce os valores que queiras separados por comas, desde o máis negativo ao máis positivo. Por exemplo: "Insuficiente, Suficiente, Ben, Notable, Sobresaínte".
6.- Finalmente pulsa o botón "Gardar modificacións".

Agora esta nova escala estará dispoñible para ser asignada nas cualificacións das tarefas do teu curso.

Moodle convertirá a cualificación outorgada mediante a escala de n elementos en números naturais, de xeito que o valor máis baixo da escala corresponde a 1, e os seguintes a 2, 3 ... n respectivamente.

Última modificación: xoves, 25 de xaneiro de 2024, 12:07 PM