Asignamos ao alumno 2 as seguintes cualificacións na 1ª avaliación:
  • P11: 6
  • P21: 3.5
  • T21: 4.5
  • T22: 5.5

A nota final da 1ª avaliación coa media ponderada configurada anteriormente é: 4.59

Así pois, este alumno debe recuperar a 1ª avaliación.

Procedemento

  • Creamos unha nova categoría de cualificación: Recuperación 1ª avaliación (puntuación máxima: 10)
  • Engadimos unha tarefa sen entrega puntuable ata 10
    • Categoría de cualificación: Recuperación 1ª avaliación
  • Creamos unha nova categoría de cualificación: Nota final Total 1ª Avaliación  (puntuación máxima: 10)
    • Asignamos ID: AVAL1 e RECAVAL1
    • Axustes do libro de cualificacións: Editar > Editar cálculo
    • Co editor de fórmulas teríamos varias posibilidades, en función do desexado:
      • =if([[AVAL1]]>=5;[[AVAL1]];[[RECAVAL1]]) (Esta opción non permite subir nota, aínda no caso de que o alumnado fixera a recuperación).
      • =max([[AVAL1]];[[RECAVAL1]]) (Esta opción permite subir nota, en caso de que o alumnado faga a recuperación, sen posibilidade de baixar a nota inicialmente obtida)
  • Avaliamos con 4.8 a recuperación da 1ª avaliación para o alumno 2 e comprobamos o resultado


NOTA: Mensaxe asistente de cualificacións no EVA (Ignorar)

mensaxe

Última modificación: mércores, 24 de xaneiro de 2024, 10:02