En ocasións é posible incrementar a cualificación da avaliación por medio dunha tarefa adicional optativa (voluntaria), que no caso de facerse significará unha puntuación extra...
  • Engadimos unha tarefa opcional 11 sen entregas que se poda puntuar ata 10 punto como máximo.
    • Categoría de cualificación: Avaliación 1
Non cambia a cualificación ata que engadimos unha cualificación.


No modo avanzado podemos comprobar os novos pesos (por defecto peso 1):

Cualificamos a tarefa opcional

(6* (1) Probas + 4 * (1) Traballos + 1* (1)Opcional)/11

A nota modifícase porque agora calcúlase sobre 11, non sobre 10, pasando a ser 6.37

Non é o que queremos...

A media ponderada non permite empregar puntos extra.

Aínda que se pode cambiar o método de agregación, recoméndase o emprego do editor de fórmulas tipo folla de cálculo



ENGADINDO PUNTOS EXTRA

  • Editar os cálculos para Total Avaliación 1 e completar os números ID no caso de non existir: =0.6*[[PR1]]+0.4*[[TR1]]+[[V11]]/10
    • PR1: Número ID para o total do aspecto Probas da 1ª avaliación
    • TR1: Número ID para o total do aspecto Traballos da 1ª avaliación
    • V11: Número ID para a tarefa voluntaria da 1ª avaliación (permite subir ata 1 punto a nota da 1ª avaliación).
  • A cualificación pasa a ser 7.01, ao incrementarse en medio punto: 5/10



(*) Tamén sería posible introducir a tarefa opcional dentro dun aspecto (subcategoría) denominado por exemplo Opcional, con peso nulo.
Última modificación: mércores, 11 de xaneiro de 2023, 11:23