Tarefa 7.3. Cálculo de cualificacións
Tarefa 7.3. Cálculo de cualificacións |
- Os cuestionarios realizados con Moodle e os paquetes SCORM realizados coa ferramenta de autor xeran unha nota que se reflicte automaticamente no libro de cualificacións do alumno.
- As tarefas, en xeral, será necesario avalialas de xeito individual, tal e como se fixo nunha práctica anterior.
Na presente tarefa cualificaranse directamente todos os items avaliables desde o menú da columna lateral dereita Administración da materia > Cualificacións > Xestionar cualificacións. Ao activar edición, pode establecerse unha puntuación para cada item avaliable sen necesidade de que o alumno faga ningunha entrega. (Tamén permitiría sobreescribir a nota do alumno en caso de que esta xa estivera establecida ou procedese dun item autoavaliable).
É importante observar que non se reflicte a actividade de Netex, por tratarse dun SCORM englobado na categoría "Non avaliable".
No seguinte vídeo configurarase o modo avanzado para que cada aspecto de avaliación (probas, tarefas, caderno) se calcule sobre 10 en lugar de sobre 100.
Lembra que as cualificacións das diferentes avaliacións (avaliación 1, avaliación 2 e avaliación 3) calcúlanse por defecto sobre 10 e que cada unha delas contribúe á nota final do curso nun tercio da nota (33.33%). No EVA real, isto é así porque a nota final do curso está configurada como media ponderada de cualificacións, e definíronse 3 avaliacións. Pode acontecer que no EVAformación a situación sexa diferente: en calquera caso, explicarase como facelo, especificando "Media ponderada de cualificacións", cun peso de 33.33% cada unha delas.
Ademais, por defecto, cada aspecto de avaliación contribúe de forma ponderada á nota final de cada avaliación, tal e como se estableceu nunha tarefa anterior (Media ponderada de cualificacións).
Pero cando existen varios items avaliables nun mesmo aspecto de avaliación, a nota final do aspecto calcúlase por defecto como a media aritmética.
Todas as opcións anteriores poden cambiarse no modo avanzado
O seguinte videotitorial amosa como configurar a nota final do curso a partir da nota das 3 avaliacións: avaliación 1, avaliación 2 e avaliación 3, de xeito que cada unha contribúe a un tercio da nota final.
A continuación establécense puntuacións nos diferentes items avaliables para o alumno p1802015_alXX e analizarase como se vai calculando a nota final do aspecto e do curso:
Como realizar esta tarefa
Como titor p1802015_titXX no "Curso de avaliación de o teu nome e apelidos", cualifica ao alumno p1802015_alXX (Administración da materia > Cualificacións > Xestionar cualificacións. Activar edición):
- Cualifica a tarefa "O románico": 5.5 puntos
Comproba que a nota da 1ª avaliación (Avaliación 1) transformouse exactamente na nota da tarefa "O románico": 5.50
- Cualifica a tarefa "O gótico": 6.3 puntos
Comproba que a nota da 1ª avaliación (Avaliación 1) transformouse exactamente na media aritmética das puntuacións das tarefas "O románico": 5.50 e "O gótico": 6.30 ---> 5.90
Ten en conta que a medida que imos engadindo cualificacións aos items de avaliación da Avaliación 1, a nota final desta vaise modificando automaticamente.
- Cualifica o "Cuestionario de Moodle": 4.3 puntos
Comproba que agora o aspecto (1) Probas é exactamente a cualificación do único item cualificado: 4.30
Comproba que agora a nota final da Avaliación 1 é: 4.94, por ser o resultado da media ponderada que establecemos con anterioridade na Avaliación 1: 60% Probas + 40% Tarefas = 0.6 * 4.30 + 0.4 * 5.90
- Cualifica agora o SCORM da ferramenta de autor: 50% acertos Comproba que agora o aspecto (1) Probas é exactamente a media artimética dos dous items cualificados nese aspecto: (5 + 4.30)/2 = 4.65
Comproba que agora a nota final da Avaliación 1 é: 5.15, por ser o resultado da media ponderada que establecemos con anterioridade na Avaliación 1: 60% Probas + 40% Tarefas = 0.6 * 4.65 + 0.4 * 5.90
Comproba que Avaliación 2 e Avaliación 3 están baleiras porque aínda non se introduciu ningunha nota.
- A continuación imos introducir unha actividade de valoración manual, que nos vai a permitir reflectir na plataforma cualificacións de actividades ou exames externos á plataforma; por exemplo, un exame escrito en papel, que calificamos de 0 a 10 (ver videotitorial) e que asignamos ao aspecto Probas da segunda avaliación (Avaliación 2).
- Cualifica os 3 items avaliables (Exame escrito: 8.2, O barroco: 3.70 e O neoclásico: 5.40) da avaliación 2 de acordo á seguinte imaxe
O aspecto (2) Tarefas para Avaliación 2 vale 4.55, pois a media aritmética das cualificacións O barroco (3.70) + O neoclásico (5.40) é: 9.10/2 = 4.55
E a nota final de (2) Probas coincide coa puntuación do exame escrito: 8.20 (hai unha única nota)
Polo tanto, a cualificación final de Avaliación 2 é: 0.6 * 8.20 + 0.4 * 4.55 = 6.74 puntos
- Comproba que a cualificación final do curso neste momento é de 5.95 puntos, e calcúlase como: 0.3333 * Nota_Avaliación_1 + 0.3333 * Nota_Avaliación_2 + 0.3333 * Nota_Avaliación_3 = 0.3333 * 5.15 + 0.3333 * 6.74 = 3.962937 .Como non hai notas na Avaliación 3, non inflúe de momento na cualificación, polo que a nota final do curso calcularíase neste momento sobre o 66.67 % do mesmo: 3.962937 --> 66.67%. Se fora respecto do 100% da nota: 3.962937*100/66.67 = 5.95
Como enviar esta tarefa despois de realizada
- Envía a URL do teu espazo de prácticas
NOTA 1: Todos os comportamentos anteriores son personalizables no modo avanzado das cualificacións. Por exemplo, a posibilidade de agochar as cualificacións ou ignorar as cualificacións baleiras no cálculo da nota final.
NOTA 2: Este xeito de cualificar non é o máis recomendable, pois sobreescribe a cualificación orixinal da tarefa ou a puntuación do cuestionario ou SCORM. Por iso aparece a mensaxe "Substituído" e a opción de "Restaurar orixinal", para volver a recuperar a cualificación obtida inicialmente.