Tarefa 7.2. Configuración da avaliación: creación de aspectos de avaliación e asignación de items avaliables a cada un deles
Tarefa 7.2. Configuración da avaliación: creación de aspectos de avaliación e asignación de items avaliables a cada un deles |
Como realizar esta tarefa
- Visualiza o seguinte videotitorial para configurar con carácter xeral 3 avaliacións e unha avaliación adicional para incluír todos os aspectos avaliables que non nos interesa que formen parte da avaliación final. Por defecto, cada avaliación cualifícase sobre 10. Deixaremos esa configuración, de xeito que cada avaliación contará por defecto un tercio da nota final do curso. (Sempre é posible cambiar esta configuración no modo avanzado).
- No vídeo obsérvase que, tal e como se especificou na práctica anterior hai diverso material avaliable organizado desde o tema 0 ata o tema 3. Empregaremos este curso simulando que:
-
- O tema 0, que contén unha unidade de Netex, non nos vai a interesar á hora de calcular a cualificación do noso alumnado. É dicir, o SCORM xera unha nota pero non a imos a ter en conta para o cálculo final: Asignarase á categoría "Non avaliable"
- O tema 1 será o equivalente á 1ª avaliación, contendo dous cuestionarios avaliables de xeito automático (un do propio Moodle e outro realizado coa ferramenta de autor), e 2 tarefas prácticas ou traballos.
- O tema 2 será o equivalente á 2ª avaliación, na que introduciremos elementos de valoración manual
- O tema 3 será o correspondente á 3ª avaliación.
-
- Definiranse inicialmente 3 aspectos de avaliación: Probas (50%), Tarefas (40%) e Caderno (10%)
- Modificarase a 1ª e a 2ª avaliación para que o aspecto "O caderno" non interveña na nota final de ditas avaliacións, polo que será preciso establecer nas dúas primeiras avaliacións que as Probas valerán o 60%, as Tarefas o 40 % e o Caderno o 0%.
- Asignaremos cada item avaliable na categoría correspondente e posteriormente verase como se vai calculando a cualificación final da materia.
Como enviar esta tarefa despois de realizada
- Envía a URL do teu espazo de prácticas