Tarefa 7.1. Importación dun curso para avaliación
Tarefa 7.1. Importación dun curso para avaliación |
Nesta tarefa importaremos un curso xa creado cunha serie de actividades e recursos de diferentes tipos que empregaremos como referencia para explicar o tema da avaliación.
De paso, practicarase a restauración dunha copia de seguranza dun curso.
Podes consultar o seguinte enlace para documentación adicional: Copias de seguridade
Como realizar esta tarefa
- Accede a https://evaformacion.edu.xunta.es co usuario p1802015_titXX
- Crea un novo curso tal e como se especifica na tarefa 1.2 denominado: Curso avaliación de o teu nome e apelidos
- Na administración da materia, fai click en Restaurar e selecciona o arquivo .mbz que podes descargar do seguinte enlace da copia de seguridade
- Selecciona restauración no curso existente: Curso avaliación de o teu nome e apelidos. Dado que acabamos de crear o curso, estará baleiro, polo que é indiferente fusionar o contido co existente ou eliminar o contido e restaurar.
- Unha vez restaurado, atoparás un curso con varios elementos: SCORM realizados coa ferramenta de autor, así como tarefas e cuestionarios de Moodle organizados en 3 temas.
- Introduce a unidade de Netex de 5º de primaria, Matemáticas, Los números naturales, no tema 0.
- Matricula ao alumno p1802015_alXX (o teu alumno) no curso.
- Empregaremos este curso simulando que:
- O tema 0, que contén a unidade de Netex incorporada nun paso anterior, non nos vai a interesar á hora de calcular a cualificación do noso alumnado. É dicir, o SCORM xera unha nota pero non a imos a ter en conta para o cálculo final.
- O tema 1 será o equivalente á 1ª avaliación, contendo dous cuestionarios avaliables de xeito automático (un do propio Moodle e outro realizado coa ferramenta de autor), e 2 tarefas prácticas ou traballos
- O tema 2 será o equivalente á 2ª avaliación, na que introduciremos elementos de valoración manual.
- O tema 3 será o correspondente á 3ª avaliación.
- Comproba que todas as tarefas propostas cualifícanse sobre 10.
- Comproba que o cuestionario de Moodle cualifícase sobre 10.
- O SCORM cualifícase por defecto sempre como porcentaxe sobre 100, tendo en conta as respostas correctas respecto das preguntas totais. Na "configuración adicional" do paquete SCORM, observar que se restrinxiu o número de intentos a 1.
Como enviar esta tarefa despois de realizada
- Envía a URL do teu espazo de prácticas en evaformacion.