A ter en conta

Calquera das actuacións que a continuación se van a describir, requiren que nos identifiquemos como usuario root (sendo o password: toor ) dende o terminal tal como aparece na seguinte imaxe:

Terminal_root

Pasos:
1. Accedemos á aplicación Terminal: "Menú aplicativos - Emulador de Terminal"
2. Despois do símbolo $ escribimos su e prememos a tecla intro
3. O terminal preguntará pola Password e escribimos toor

Entón xa estamos en disposición de executar as accións que se describen nas páxinas deste libro.