Skip to Content

06 - Instalando módulos

Na ruta administrar-módulos poderemos activar os módulos. Gardamos a configuración  e posiblemente aparecerán algúns erros ou warnings que se solucionaran lanzando o actualizador da aplicación update.php; é importante que se lance update.php dende a mesma páxina dos módulos cada vez que se activa un módulo.

Téñase en conta que os módulos poden ter tablas que se crearán automáticamente co actualizador.

Tamén seguramente, cada módulo terá que ser configurado dun xeito especial na ruta administrar-opcións-nome do módulo.

De calquera xeito, no apartado módulos falase máis polo miúdo da instalación de cada un deles e do seu funcionamento.

Así mesmo, para desactivar algúns dos módulos correctamente non chega con desmarcalos na ruta administrar-modulos. Nalgúns casos hai que administralos e desactivalos previamente.



book | by Dr. Radut