Libro: Módulo a módulo

Explicaremos a función de cada módulo e como o deixamos configurado.

Preme no título para entrar no libro de módulos

Módulo article

Permite engadir o tipo de contido Artigo. Ë semellante o contido páxina.

Sen embargo é interesante ter tipos de contidos semellantes ou iguais xa que podemos darlles dintintas formas de publicación a cada un deles e permisos para publicalos a distintos usuarios.

Na versión 5.1 incluso poderemos crear os nosos propios tipos de contenido. Deste xeito poderemos crear un tipo de contido para determinados usuarios, dándolle unhas características como por exemplo que necesiten unha aprobación por parte do admnistrador para ser publicado. (Contido moderado)

Módulo archive

O módulo archive insertaba un bloque cun calendario a través do cal podemos atopar tódolos arquivos publicados no noso espazo web.

Agora proporciona outra forma de navegar anualmente, mensualmente ou diariamente polos contidos publicados na web. Puidera ser útil para o administrador da web.

Non se incorporou na versión 5.1

Modulos Book - Comment

Módulo Book:

Permite crear un libro ou revista en liña creando ese tipo de contido.
Poderemos crear cantos libros queiramos nun espazo web e en calquera menú se así o dispuxemos.

Na ruta Crear contido » Libro  poderemos crear libros e engadir páxinas fillas

Na ruta Inicio » Administrar » Administración do contido » Libros poderemos ver os libros existentes no noso espazo

Modulo comment:

Permite engadir comentarios aos contidos. Será necesario activalo e dispor dos permisos correspondentes.

Segundo os tipos de contidos, estes poderán ter activada a opción de engadir comentarios pero ademáis os usuarios teñen que ter dito permiso para envialos.

 

Módulo event (basicevent)

O módulo event activa un calendario de eventos,

Este calendario pode mostrar eventos creados co tipo de contido event.

eventTamén podemos facer que calquera dos outros contidos aparezan reflexados no calendario de eventos. Para elo simplemente iremos a  Administrar » Administración do contido » Tipos de contido. Seleccionamos un tipo de contido e indicamos se queremos que figure no calendario.

Show in event calendar:

All views
Only in views for this type
Nunca

O módulo basicevent crea un novo tipo de contido chamado event que cosideramos o máis indicado para figurar no calendario de eventos.

Este módulo deixase activado por defecto.

Módulo feedback

Permitará en caso de estar activo que os usuarios se comuniquen co administrador do espacio web enviándolle unha mensaxe sen necesidade de dispor de correo electrónico.

Na ruta Inicio » Administrar » Configuración da páxina  » feedback

poderemos indicar o conta de correo electrónico que vai a recibir as mensaxes. 

 

Módulo simple_access

Sirve para controlar a posibilidade de ver, editar ou borrar un contido un grupo de roles de usuarios.

Primeiro teño que activar o módulo na ruta administrar-construcción da páxina-módulos

Logo en administrar-mantemento de usuarios -control de acceso, na pestana de simple_acces fanse os grupos de usuarios e dánselle os permidos.

Cando vou a crear un contido aparece unha nova opción chamada access na que podo indicar o acceso correspondente aos grupos creados

Para anular este módulo, se algunha vez estivo funcionando, primeiramente en administrar-control de acceso/simple_access hai que borrar os grupos de usuarios, logo desactivalo e finalmente en administrar-módulos desmarcalo. 

Non se incorpora na versión 5.1

Módulo IMCE

É un módulo moi interesante xa que permite engadir imaxes dende o ptocesador de textos Tinymce sen necesidade de empregar os módulos image_assist nin o image.

Engádelle unha propiedade á icona de imaxe do procesador (árbore verde) e ao premer nela podemos engadir unha imaxe mediante unha URL pero tamén aparece unha pequena icona que preméndo nela nos permite buscar directamente no noso ordenador e subir a imaxe para unha carpeta de usuario ou para unha común, segundo este configurado o IMCE.

Coma tódolos módulos, para que funcione ten que estar activado o cos permisos correspondentes para cada rol de usuario.

Non ten táboas para a base de datos

Insertar Flash:

Para insertar un arquivo Flash (.swf) mediante o botón de Flash que aparece no procesador de textos (IMCE) será necesario configurar previamente nas opcións do IMCE o tipo de arquivos soportados.

Para realizar esta acción seleccionaremos: Administrar > Configuración da páxina > IMCE settings > Non-image file support engadindo no cadro de texto o seguinte: .swf

Módulo Taxonomy

Nunca se deberá desactivar o módulo Taxonomy.

En caso de accidente haberá que ir a modificar o estado na Base de Datos, na táboa system no campo STATUS

Módulo i18n

É un módulo multilenguaxe de xeito que aquela web que o incorpora oferta ao usuario a posibilidade de ver o espazo en distintos idiomas.
Elo non siginifica que faga unha traducción automática do contido e dos menús, senón que serán os creadores quenes terán que facer os contidos e menús nas línguas correspondentes e logo unha vez activado o bloque de lenguaxes, filtraranse os menús e os contidos polo idioma correspondente, de xeito que o usuario selecciona segundo desexe.

Posible problema:
Cando se instala o i18n puidera, dependendo da configuración, que o tinymce (botoneira procesador de texto) desapareza.
Aconsellamos configurar o tinymce coa opción:
-Amosar só nas páxinas listadas:

 node/*
 user/*
 comment/*
 gl/node/*
 gl/user/*
 gl/comment/*
 es/node/*
 es/user/*
 es/comment/*
 en/node/*
 en/user/*
 en/comment/*

No caso de que ofrezamos galego, castelá e inglés.

Só se incorporou naqueles centros que o solicitaron. Implica facer os contidos por duplicado, triplicado,... segundo os idiomas activados

Módulo locale

Se está activado permite a posibilidade de cambiar de idioma.

No noso caso poderemos pasalo ao galego.

Non tódolos módulos están aínda traducidos ao galego.

Na ruta administrar-locale poderemos importar un idioma determinado (teremos que dispor do arquivo gl.po)

En examinar buscaremos o arquivo no noso ordenador, indicaremos para que idioma o subimos e logo a cada usuario asociámoslle o idioma desexado.

Na ruta administar-usuarios localizamos o usuario e editámolo asignándolle o idioma correspondente

Módulo node_privace_byrole

Tamén é un módulo de control de acceso aos contidos.

É moi simple de empregar.

Primeiro marcarase na ruta administrar-módulos e logo activarase na ruta administrar-opcións-node_privace_byrole simplemente elixindo a opción enable

Elo fará que se abra unha nova opción cando creeamos contido podendo dar os permisos de ver byroleou editar aos perfís de usuarios correspondentes.

Para desactivalo, primeiro haberá que coller a opción disable na ruta administrar-opscións-node_privace_bylore e logo desmarcálo en administrar-módulos

 

Non se incorpora na versión 5.1

 

 

Módulo scheduler

Mediante este módulo podemos darlle inicio e caducidade a un contido.

É moi simple e non precisa configuración 

Módulo taxonomy_access

É un módulo de control de acceso de usuarios para ver, actualizar, borrar, crear ou listar contidos.

 Unha vez marcado o módulo hai que activalo na ruta administrar-cnstrucción da páxina-taxonomy_access

Logo teremos que dar os permisos correspondentes na ruta administrar-mantemento de usuarios-control de acceso.

 Alí teremos que ir editando cada un dos roles ou perfís de usuarios creados.

Teremos que dar permisos a cada categoría ou bloque creado.

Permisos para contidos de ver, actualizar ou eliminar.

Permisos para menús de Crear contidos para un menú  ou Listar. (ver un menú)

Moi importante: se non dou permisos de listar non se verán os menús polo que anque dese permisos de ver non terei acceso aos contidos.

Os permisos teñen que darse con cuidado de non entrar en contradiccións como non deixar ver pero si deixar borrar, ... 

Módulo tinymce

É o procesador de textos que nos permitirar editar unha escritura con distintos tipos de letra, colores, engadir imaxes,...

O módulo tinymce leva dentro un procesador de textos e non chega con baixar o módulo, teremos que preparalo.

  1. Baixamos o módulo tinymce e descomprimímolo. http://drupal.org/project/Modules Crease a carpeta tinymce
  2. Agora de http://tinymce.moxiecode.com / baixamos o procesador. Descomprimimos o arquivo e creamos unha carpeta tamén chamada tinymce.
  3. Introducimos a carpeta tinymce do procesador na carpeta tinymce do módulo. Agora xatemos o módulo preparado para subir ao servidor web.

Activamos o módulo na ruta administrar-construcción da páxina-módulos e logo na ruta administrar-configuración da páxina-tinymce creamos un perfil cos usuarios desexados.

Editamos finalmente o perfil:

Basic setup: opcións true, idioma: en

Visibilidade: Muestra sólo en las páginas que se listan.

Buttons : elexir os botóns a visualizar no editor

 Editor appearance: top; lef; bottom; true;

Cleanup and out: true; false; true

REDISTRIBUIR OS BOTÓNS NAS 3 LIÑAS

Cando activamos todos os botóns pode ocurrir que na primeira liña teñamos tantos que nos ocupe un ancho excesivo saíndosenos do espazo que o tema nos ten destinado, ocultándose así parte dos botóns.

Para poder redistribuir estes elementos (botóns) podemos editar o arquivo "plugin_reg.php" deste módulo de tal xeito que si buscamos algún dos botóns e observamos que está ubicado en "buttons1" podemos facilmente cambialo a "buttons2" para que apareza na segunda liña.

Exemplo: liña 57 (para cambiar os botóns de fontes a segunda liña)

Orixinal: $plugins['font']['theme_advanced_buttons1'] = array('formatselect', 'fontselect', 'fontsizeselect', 'styleselect');
Modificada: $plugins['font']['theme_advanced_buttons2'] = array('formatselect', 'fontselect', 'fontsizeselect', 'styleselect');



Módulos Comment e Foros

Módulo comment

É necesario telo activado para poder engadir comentario aos contidos e tamén é imprescindible para que funcionen os foros. 

Módulo Foros:

Non os temos activados por defecto na instalacións para os centros educativos.

É preciso primeiro crear un contenedor de foros e logo dentro del podemos crear os foros.

Pode haber os contenedores que queiramos e igual os foros.

Os contenedores de foros logo poden colocarse no menú que desexemos.

Na ruta administrar-administración do contido-foros poderemos engadir contenedores e logo ali mesmo crear foros.

 Unha vez creado ocontenedor, na ruta administrar-construcción da páxina-menús podemos facer que os foros colguen dos menús que queiramos.

Importante recordar que os foros non funcionarán se o módulo comment non está activado e cos permisos correspondentes. 

Módulos image e image_assist

Módulo image

Mediante este módulo poderemos subir imaxes ao servidor e logo empregalas para o resto dos contidos: página, artigos, etc.

Tamén pode ser un contido en si mesmo xa que lle podemos engadir o texto que queiramos.

Nos recomendamos crear contido imaxe para subir imaxes sen publicalas en ningún menú.

Módulo image_assist

É o complemento ideal para o procesador de textos e incorporar imaxes aos contidos.

Prememos na mensaxe disable rich-test e

ims0 aparecerá o icono que nos permitirá elexir a imaxe

 

Na ruta administrar-opcións-image_assist poderemos configurar o módulo.ims

En access settings indicaremos que se mostre a icona

Logo en Other properties indicaremos as opcións de ims1vínculo nunha ventana nova e queims3 empregue o código html

 

O módulo IMCE é outro forma se cadra máis sinxela de incorporar imaxes a un documento

Módulos taxonomy menu

Módulo taxónomy menú

É un módulo fundamental para a nosa forma de facer menús.

Permítenos facer menús e categorizalos por nomes e logo combinado co módulo taxonomy_access controlar o acceso dos usuarios.

Para facer os bloques de menús procederemos da seguinte forma:

  1. En categorías engadimos vocabulario e logo os termos correspondentes. Ruta: Administrar-administración do contido-categorías
  2. En menús engadimos menú. Administrar-contrucción da páxina-menús
  3. Dentro de menús, buscamos a categoría(vocabulario) creado anteriormente, editámalo e poñemos de pai de navegación o menú que creamos. Fixarse que agora o menú xa ten submenús.
  4. Agora en bloques, (Administrar-contrucción da páxina-bloques) observamos un bloque que ten o nome do menú que creamos. Activámolo e indicamos o lugar onde queremos que se vexa.
  5. Gardamos opción e teremos que visualizar o bloque creado cos menús correspondentes ou termos. Seguramente lle teremos que dar permisos de visualización (Administrar-mantemento de usuarios-Taxonomy access permissions)

Resumindo:

Táboa de módulos

A táboa que controla os módulo é a táboa "system".

O estado dos módulos activo ou inactivo controlarase no campo status mediantes os valores 1 (activo) ou 0 (inactivo).

 Só utilizaremos este recurso en caso de urxencia para recuperar o acceso ós módulos, concretamente ó rexistro modules/taxonomy.module.