Inserir ligazóns

Para inserir unha ligazón hai que seleccionar previamente o texto e despois premer no botón de Inserir ligazón Web Inserir ligazón Web dispoñible na barra de ferramentas do editor. Despois, na xanela que se abre, podemos teclear ou pegar a URL (enderezo Web) da páxina á que desexamos apuntar, o Título ou texto alternativo que aparecerá ao poñer o punteiro do rato sobre a ligazón e o marco de destino (nova xanela, mesmo marco, mesma xanela...)

Inserir ligazón

Adamais de enlazar a páxinas Web externas, tamén podemos vincular recursos HTML internos, é dicir, localizados no propio servidor Moodle. Para isto, empregaremos o botón Explorar... para abir o xestor de arquivos e procurar o ficheiro desexado.

Outra posibilidade é enlazar a algún lugar da mesma páxina que estamos editando. Neste caso, é necesario crear previamente unha áncora que fará de destino do hipervínculo e, a continuación, seleccionar dito anclaxe na lista despregable de Áncoras da xanela de Inserir ligazóns.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Share Alike 3.0 License