Wiki
O termo Wiki provén da palabra de orixe hawaianaa "wiki wiki" que significa rápido. En termos tecnolóxicos un wiki é un software para a creación de contido de forma colaboradora de forma rápida e eficaz.
O principio básico dun wiki é construír sitios compartidos e de colaboración, é dicir, todo o mundo ha de poder achegar novo contido ao sitio, tales como novas páxinas e enlaces.
A finalidade do módulo wiki de Moodle segue este mesmo principio xa que permite que os participantes dun curso poidan crear páxinas Web sobre un determinado tema sen necesidade de que teñan coñecementos de HTML. En definitiva, créase unha comunidade de usuarios onde cada un achega un pouco do seu coñecemento para crear documentos útiles para todos (sitio compartido e de colaboración).
As páxinas poden conter enlaces, imaxes e calquera tipo de contido que poida ser editado por calquera persoa. Un exemplo típico é a Wikipedia, que é un proxecto para desenvolver unha enciclopedia libre en Internet.
Na imaxe anterior pode verse un exemplo de wiki dedicado ás características de Moodle. Este wiki mostra algúns dos compoñentes estruturais comúns na maioría dos wikis. A vista principal dunha páxina wiki mostra o artigo escrito.
Existe tamén un sistema de control de versións que pode mostrar os cambios históricos da páxina e un motor de busca.
Os wikis poden chegar a ser unha poderosa ferramenta de traballo colaborador, xa que poden ser utilizados para moitos e moi diferentes tipos de cousas, como a escritura en colaboración, difusión de información, creación de repositorios de ficheiros, listas de enlaces web debidamente organizados, enciclopedias, etc.
Exemplos do emprego didáctico dun wiki
- Configurar un wiki para que os estudantes creen un contido aberto e dispoñible para que calquera poida utilizalo e inspeccionalo. O resultado dun curso queda dispoñible para que o curso seguinte se siga traballando, actualizando e engadindo constantemente novo material.
- Crear un grupo wiki para pasar os apuntamentos de clase. Posteriormente o resto dos estudantes poderán revisar e enriquecer o documento coas súas propias achegas.
- Utilizar un wiki para xerar unha tormenta de ideas sobre un tema.
- Suxerir que contribúan ao desenvolvemento doutros wikis temáticos ou máis xerais. Esta actividade ofrece aos estudantes unha motivación adicional xa que o seu traballo será visto e probablemente criticado por un público diferente do seu profesor/a.
- Crear unha revista de forma colaboradora.
- Creación colaboradora dun conto no que unhas persoas deben comezalo e outras rematalo.
- Creación colaboradora dun traballo de investigación, apoiados por outras ferramentas Moodle, como os foros e chats.
- Uso dun wiki de forma persoal, como un caderno de clase ou portfolio de usuario. O acceso a este wiki estaría restrinxido, podendo realizar o profesorado un seguimento continuo da súa actividade sen máis que ir revisando o wiki de cada estudante.
Características dos wikis.
- Permite a creación colectiva de documentos nunha linguaxe simple de marcas utilizando un navegador web.
- Xeralmente, non se fan revisións previas antes de aceptar as modificacións, e a maioría dos wikis están abertos ao público xeral ou polo menos a todas as persoas que teñen acceso ao servidor wiki.
- Permite os participantes traballar xuntos en páxinas web para engadir ou modificar o seu contido. As versións antigas nunca se eliminan e poden restaurarse.
- Pódese seleccionar diferentes tipos de wiki: Profesor, grupos, estudante.
- Pódese importar inicialmente dende o formato HTML.
- Esta actividade baséase nun antigo sistema wiki denominado ErfurWiki (http://erfurtwiki.sourceforge.net/?id=ErfurtWiki).
Como crear un wiki.
A creación dun wiki é un proceso moi sinxelo. O realmente laborioso será a introdución de contido.
O proceso de creación dun wiki é similar ao de calquera outra actividade. Activamos o modo de edición e imos á lista despregable Agregar unha actividade, para engadir o wiki na sección que nos interese. Isto lévanos a un formulario onde configuraremos os diferentes parámetros que controlan o funcionamento do wiki.
- Nome: é o texto identificativo co que este wiki particular aparecerá na páxina principal do curso. Tamén se usa este texto como nome do arquivo da páxina inicial do wiki.
- Resumo: é un texto breve que describe as características deste wiki particular, o seu propósito, o tipo de material que contén e que se espera do traballo que os estudantes deberán desenvolver nel. Este campo dispón do editor HTML, así que será doado introducir estilos, táboas ou imaxes. Non obstante, é recomendable manter este sumario de forma moi resumida.
- Tipo: establece quen pode escribir e editar as diferentes páxinas do wiki.
- Imprimir onome wiki en cada páxina: se activamos esta opción mostrarase o nome do wiki na primeira liña de cada páxina. Permite automatizar a rotulación da páxina, pero require que os nomes das páxinas sexan frases completas con significado (non poden ser página01, página02…).
- Modo HTML: temos as seguintes opcións:
- Non HTML: non se utiliza HTML para nada. O formato e a estrutura realízase mediante a sintaxe de tipo wiki. Os filtros de autoenlace, incrustación de multimedia e expresións matemáticas, si que funcionan neste modo. É a mellor opción se se domina a sintaxe wiki.
- HTML seguro: permítense e móstranse algunhas marcas HTML (que deben escribirse explicitamente xa que o editor HTML non está dispoñible). Ningún filtro está activo neste modo. Establece máxima seguridade restrinxindo o tipo de texto que se pode introducir.
- Só HTML: neste modo permítese o uso do editor HTML para introducir o texto. Non obstante, tamén se aceptan códigos de sintaxe wiki para especificar enlaces ([corchetes] e CamelCase). É a opción máis conveniente, especialmente para estudantes que non coñezan as etiquetas wiki. O editor HTML é tamén moi seguro, non aceptará códigos script executables.
- Permitir ficheiros binarios: indica se se admitirán arquivos binarios (gráficos, vídeos...) na zona de "adxuntos" do wiki.
- Opcións de ligazón automatica da Wiki: permite desactivar de forma xeneralizada para todas as páxinas do wiki a consideración como hiperenlaces das palabras con mestura de maiúsculas e minúsculas (CamelCase) [1] . Hai que ter en conta que CamelCase [1] é unha característica estándar de wiki, polo que a súa desactivación pode ocasionar que outros wikis importados non funcionen correctamente.
- Opcións de administración do/a estudante: mediante a activación ou non de catro casas de verificación podemos outorgar aos estudantes unha serie de privilexios de administración. Estas opcións só afectan aos wikis que poden ser editados polos estudantes.
- Nome da páxina: é o nome que terá a páxina inicial do wiki. Se non especifica nada, a páxina inicial denominarase igual que o nome do wiki.
- Escoller unha páxina inicial: aquí podemos indicar un ficheiro co contido inicial da páxina inicial do wiki. Debe ser un ficheiro residente no servidor web do curso. Unha vez se introduza texto na páxina inicial esta opción desaparecerá.
- Modo de grupo: establece a forma de interacción entre os membros dos grupos de traballo.
- Visible: permite mostrar ou ocultar a actividade aos estudantes.
Unha vez axustada a configuración, pulsaremos no botón correspondente para gardar os cambios.
Como escribir nunha Wiki.
A wiki de Moodle baséase en ErfurtWiki, que é unha implementación do sistema de hipertexto WikiWikiWeb. Permite unha forma sinxela de edición e creación de páxinas web en grupo.
Despois de configurar o wiki, este quedará dispoñible para ser editado, mostrándose a pantalla de edición da primeira páxina.
Os contidos da páxina escríbense na área de edición. Pódense utilizar todas as posibilidades que permite o editor HTML (inserir táboas, engadir imaxes, dar formato ao texto, etc.). Temos dúas formas de engadir novas páxinas ao wiki:
- Escribindo o título da nova páxina encerrado entre corchetes.
- Escribindo unha palabra que comece por maiúsculas e que conteña outra maiúscula en calquera outra posición (formato CamelCase).
Engadindo novas páxinas.
No exemplo da imaxe anterior, creáronse catro páxinas novas utilizando ambos os dous métodos.
De calquera das formas, Moodle recoñecerá que se trata dunha páxina nova e consultará a súa base de datos buscando unha páxina con ese nome. Se non a encontra, Moodle colocará unha marca (unha consulta ?) despois do nome da páxina.
Pulsando sobre esa marca accédese á pantalla de edición da nova páxina. Cando gardemos a nova páxina, substituirase a marca por un enlace á nova páxina creada.
En calquera momento podemos ver como se visualizará a páxina que esteamos a editar pulsando no botón "Prever". Tamén podemos finalizar a edición gardando os cambios pulsando no botón "Guardar".
Marcas wiki.
Cada páxina dentro dun wiki pódese editar con facilidade utilizando marcas wiki.
Parágrafos.
- Parágrafos separados dentro do texto mediante liñas baleiras.
- Usar tres símbolos tanto por cento %%% para forzar un salto de liña.
- Pulsar espazos ou tabuladores antes do texto para facer sangrías.
Cabeceiras.
- Usar un signo de exclamación! ao principio dunha liña para crear unha cabeceira pequena.
- !! para cabeceiras de tamaño medio.
- !!! para cabeceiras de tamaño grande.
Estilo de texto.
- Para poñer en cursiva un texto hai que encerralo entre dúas comiñas simples ' '.
- O texto en grosa conséguese con dous signos de subliñado __ (ou ben encérrase entre dous asteriscos **).
- Para agrandar o texto encérrase entre dúas almofadas ##.
- Para facer o texto máis pequeno utilizar " ".
- Un texto con tipografía de máquina de escribir conséguese encerrándoo entre dous signos igual ==.
Listas.
- Para comezar unha lista, escribir un asterisco * ao principio da lista.
- Utilizar # para listas numeradas.
- Podemos crear sublistas.
- Os subseguintes puntos da lista deberían comezar cos mesmos signos * e #.
Hiperenlaces.
- Introducir en CamelCase unha PalabraWiki ('WikiWord') en calquera lugar do texto para crear un novo hiperenlace.
- Tamén podemos encerrar algunhas palabras entre corchetes para crear un hiperenlace.
- Calquera dirección de internet válida (por exemplo, que comece por http://) como http://www.google.es/ dentro do texto poderá seleccionarse automaticamente.
- Encerrar unha dirección www ou un EnlaceWiki entre corchetes [Moodle] e asignarlle un título claro utilizando comiñas ou o carácter |.
Exemplos:
[Google | http://www.google.es] [PalabraWiki "título"] ou ["título para" EnlaceWiki]
Se non queremos que unha PalabraWiki ou unha dirección http://www.address (ou [calquera cousa] dentro de corchetes) se converta nun hiperenlace, simplemente escriba un signo de exclamación ou o signo ~
!NoHiperEnlace, ~NoHiperEnlace ![no hiperenlace], !http://nolink.org/ Táboas.
Simplemente, hai que encerrar o texto separado polo carácter ' | ' para construír unha táboa. Hai que ter en conta que, normalmente, os navegadores pasan por alto as celas baleiras. Deixar sempre unha liña baleira antes e despois dunha táboa, de modo que haxa unha separación entre ela e o resto do texto do parágrafo.
Imaxes.
- Para inserir unha imaxe nunha páxina, encerre a súa dirección www entre corchetes, por exemplo. [http://www.example.com/pics/image.png].
- Outra posibilidade é utilizar a función de subir unha imaxe.
Pódese ampliar esta información sobre as posibilidades de formatar páxinas wiki no sitio ErfurtWiki.
Xestión dunha Wiki.
A xestión dun wiki polo profesor/a é similar á de calquera usuario. As funcións de edición e busca de páxinas son iguais para calquera usuario con permiso para editalo.
Pestanas para a xestión das páxinas.
Sobre a área de edición das páxinas encóntranse catro pestanas: Ver: mostra a páxina tal e como a verán os usuarios.
- Edición: permite editar a páxina.
- Ligazóns: mostra as páxinas que conteñen enlaces que apuntan á páxina que se está a ver.
- Historial: dá acceso ao control de versións da páxina. Cada vez que alguén garde a páxina quedará rexistrada unha nova versión desta. Moodle levará un control de todas as versións ata que o administrador decida eliminalas. Entre outras cousas, rexístranse as diferenzas existentes entre as diferentes versións para a mesma páxina.
Escoller ligazóns wiki...
Enriba das pestanas descritas anteriormente, encóntrase a lista despregable Escoller Ligazóns Wiki..., coas seguintes opcións:
- Mapa do sitio: mostra a estrutura de páxinas do wiki.
- Índice da páxina: mostra todas as páxinas do wiki por orde alfabético.
- Listado de páxinas por diversos criterios: máis novas, máis visitadas, cambiadas con máis frecuencia, actualizadas, orfas (sen enlaces) e desexadas (sen editar).
- Exportar páxinas: exporta a un arquivo todo o wiki, en formato HTML.
Administración.
Normalmente resérvanse o profesorado as accións de administración xeral do wiki, dispoñibles nunha lista despregable na esquina superior dereita da páxina do wiki, aínda que podemos permitir que tamén sexan accesibles aos estudantes.
Estas accións son:
- Establecer indicadores de páxina: os indicadores ou flags de páxina son unha serie de atributos asociados a cada páxina. Os atributos son:
- TXT: Establece que a páxina contén texto simple.
- BIN: A páxina contén datos binarios.
- OFF: A páxina está deshabilitada, non se pode ver nin editar.
- HTM: Permite a sintaxe HTML para esta páxina. O parámetro xeral do wiki ten precedencia sobre este atributo.
- RO: Páxina de só lectura (Read-Only).
- WR: Páxina editable (WRiteable).
- Purgar páxinas: cando se fan cambios nunha páxina wiki non se sobreescribe o anterior, senón que se garda como unha versión anterior (se os cambios non gustan pódense volver restaurar as versións anteriores).
Esta opción permite eliminar versións de páxinas moi antigas e obsoletas. Pódese escoller a profundidade do borrado para quedar só coas versións máis recentes.
- Eliminar páxinas: normalmente, nun wiki engádense e cambian páxinas, pero rara vez se borran. En principio, móstranse na lista só as páxinas baleiras, orfas (non enlazadas con ningunha outra) ou que conteñan erros (informáticos, non de contido). Esta opción permite eliminar esta clase de páxinas.
- Desfacer cambios masivos: un dos problemas potenciais dun wiki é a súa vulnerabilidade fronte a un usuario pouco amigable que se dedique a baleirar as páxinas de texto (normalmente os usuarios non poden borrar as páxinas propiamente ditas), ou introducir textos falsos, erróneos ou prexudiciais dalgún xeito. Se son unha ou dúas páxinas, o problema pódese corrixir manualmente, pero hai inimigos de gran laboriosidade. Para iso o wiki dispón dun mecanismo para reverter todos os cambios, en calquera páxina, realizados por un determinado autor ou autora. Esta acción é eliminar cambios masivos.
O autor ou autora identifícase por algún texto común no campo {autor} das páxinas modificadas. O máis seguro é usar a dirección IP do atacante. Tamén podemos especificar a antigüidade e o nivel de profundidade dos cambios a reverter. Xeralmente é posible recuperar o wiki intacto usando esta ferramenta.
Notas
[1] CamelCase é a práctica de escribir frases ou palabras compostas eliminando os espazos e poñendo en maiúscula a primeira letra de cada palabra. O nome vén do parecido destas maiúsculas, entre as demais letras, coas xibas dos camelos.