5. Importar/Exportar bd

5.- Predefinición: Importar e Exportar base de datos

Podemos acceder ás opcións de importar/exportar bases de datos dende a pestana "Predefinicións" que aparece na páxina de xestión da base de datos, isto mostraranos unha xanela como a que aparece a continuación:

importa


Podemos dispoñer da configuración da nosa base de datos e compartila con outros espazos de investigación, mediante a creación dun arquivo de exportación en formato ZIP.

Tamén temos unha opción que nos evita sempre ter que crear unha base de datos nova dende cero, xa que o módulo de base de datos ten unha característica de edición previa, chamada "Galería de Imaxes" que se encontra incluída por defecto no módulo.

Ademais, podemos crear as nosas propias edicións previas facendo clic no botón "Gardar" que aparece fronte á opción de "Gardar como unha predefinición", para logo compartir a configuración da base de datos actual con outras que se encontren no noso espazo.

Ao momento de aplicar algún dos axustes previos apareceranos unha pantalla de configuración, na cal deberemos asignar os campos novos, a información dos campos vellos que queiramos conservar que correspondan ao mesmo tipo.

Para importar a configuración dunha base de datos previamente creada, abonda con facer clic no botón Escoller ficheiro, abrirase o xestor de arquivos de Moodle, e poderemos buscar ou cargar un arquivo de exportación en formato ZIP.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Share Alike 3.0 License