Exemplo de tarefa
Para a creación dunha tarefa seleccionaremos no despregable de Engadir unha actividade... a opción Tarefa.
Dentro das tarefas, podemos atopar diferentes tipos. Para a realización desta práctica empregaremos o tipo de tarefa de Actualización dun só ficheiro.
Dentro do páxina do formulario de creación da tarefa indicaremos o Nome e Descrición da mesma así como as opcións de configuración desexadas, entre as que destacamos as seguintes:
- Cualificación
- Datas de dispoñibilidade
- Permitir enviar de novo
- Alertas de correo electrónico para profesores
- Tamaño máximo dos ficheiros que poden subir os estudantes
Finalmente prememos sobre o botón Gardar e continuar para comprobar como queda a tarefa.
Unha vez que os nosos alumnos envíen as súas tarefas, poderemos acceder a elas desde a esquina superior dereita onde aparece a modo de enlace o número de tarefas remitidas.
Premendo no enlace anterior poderemos observar o listado dos alumnos que temos no curso e o estado das súas tarefas.