Cuestionarios
A actividade Cuestionario é unha ferramenta moi potente e extremadamente flexible que permite ó profesorado deseñar cuestionarios consistentes en plantexar estratexias de autoavaliación que serían imposibles con cuestionarios en papel.
Pódense utilizar en avaliación iniciais, en exames tipo test, en probas de nivel da competencia curricular, en todas as posibilidades de autoavaliación, para facilitar ós estudantes a monitorización do seu propio rendemento, como instrumento de reforzo e repaso, etc.
En tódolos casos, é fundamental que os cuestionarios estean ben deseñados para que cumpran cos obxectivos marcados.
Recomendacións
- Una cada pregunta a un obxectivo do curso.
- Intente realizar múltiples preguntas sobre cada concepto importante na clase. Isto proporcionaralle máis datos puntuais sobre o nivel de comprensión dos seus alumnos.
- Cando escriba unha pregunta de elección múltiple, asegúrese de que cada resposta errónea representa un pensamento equivocado común. Isto axudaralle a avaliar o pensamento dos alumnos e a eliminar acertos ao azar.
- Escriba preguntas que obriguen os seus alumnos a pensar en diferentes niveis de dificultade. Inclúa algunha pregunta de reforzo, algunha de comprensión e algunha de aplicación de razoamento e análise. Pode determinar se os seus alumnos teñen problemas de razoamento. Poden recordar os contidos, pero non aplicalos?
- Comprobe as súas preguntas. Despois de que establecese un banco de preguntas inicial, utilice a información do sistema para determinar que preguntas son útiles, e cales non.
- Cando escriba novas preguntas, póñalles unha puntuación baixa e compróbeas (manténdoas un pouco de tempo no cuestionario) para establecer a súa fiabilidade.
- Unha vez teña comprobado un banco de preguntas ben desenvolvidas, asegúrese de utilizar os informes do cuestionario e estatísticas para controlar o desenvolvemento das clases. Os informes detallados e as estatísticas dispoñibles por vostede son valiosas ferramentas para entender o grao de comprensión do contido por parte dos seus alumnos.
Características dos cuestionarios
-
Poden crearse cuestionarios con gran variedade de tipos de preguntas (opción múltiple, verdadeiro/falso, resposta corta, encher buratos, etc.). O banco de preguntas, a súa creación e mantemento así como o tipo de preguntas está explicado tanto no tema 9 como neste tema (vexa o seguinte apartado ou pique neste enlace http://www.edu.xunta.es/platega/mod/resource/view.php?inpopup=true&id=34039
-
Tal e como se explicou no apartado do banco de preguntas (vexa enlace da liña anterior) as preguntas organízanse por categorías dentro do banco de preguntas e poden ser reutilizadas no mesmo curso ou en outros cursos.
-
Pódense xerar cuestionarios aleatorios a partir das preguntas almacenadas no banco de preguntas.
-
As preguntas poden crearse en HTML, con elementos multimedia e poden importarse dende arquivos de texto externos.
-
Os cuestionarios poden ter un límite de tempo a partir do cal non estarán dispoñibles.
-
As preguntas e as respostas dos cuestionarios poden ser mesturadas (aleatoriamente) para dificultar as copias entre o alumnado.
-
Podemos permitir ós estudantes realizar intentos repetidos sobre unha pregunta ou ben que respondan ó cuestionario varias veces (coa opción de que cada intento se constrúa sobre o anterior).
-
Cada intento será rexistrado e cualificado podendo elixir ó docente si se debe mostrar algún comentario ou as respostas correctas ao finalizar a actividade.
-
Un cuestionario pódese resolver en varias sesións, podéndose reanudar dende a última páxina da anterior sesión.
Como crear un cuestionario
Os cuestionario de Moodle teñen dous compoñentes principais: o corpo do cuestionario (con todas as súas opcións), e as preguntas ás que os estudantes deben responder.
Dende este punto de vista, un cuestionario é como un contedor de preguntas de varios tipos extraídas do banco e colocadas nunha certa orde.
O corpo do cuestionario é o primeiro que ven os alumnos e alumnas cando acceden á actividade e se define como interactuarán con ela.
Para crear o corpo dun cuestionario, hai que activar o modo de edición e, a continuación, seleccionar Cuestionario da lista despregable Agregar unha actividade.
Isto levaranos ao formulario de configuración do mesmo.
- Campos a complementar:
- Xeral:
-
Nome: texto identificativo co que quedará enlazado o cuestionario na páxina principal do curso, dentro da sección elixida. Pódense incluír marcas ou etiquetas HTML para resaltar parte ou todo o nome.
-
Introdución: texto que se amosará ós estudantes cada vez que inicien o cuestionario. Pódese utilizar para describir a finalidade do cuestionario, incluír instrucións de resolución, indicar os criterios de calificación ou calquera outra cuestión metodolóxica.
- Coordinación:
-
Abrir o cuestionario: especifica a data de apertura do cuestionario para os estudantes. Para fixar unha data hai que desmarcar a casiña "Inhabilitado".
-
Pechar o cuestionario: xunto co campo anterior, define o período de tempo durante o que se poderá acceder á actividade. Fora desas datas o cuestionario non será accesible ós estudantes.
-
Tempo límite: por defecto, os cuestionarios non teñen límite de tempo, e permiten ós estudantes o tempo que necesiten para terminar o cuestionario. Pero, é posible especificar un límite temporal para forzar ós alumnos e alumnas a que realicen o cuestionario nese tempo. Nese caso, aparecerá unha pequena ventá emerxente amosando o tempo restante en cada momento. Cando o tempo expira o cuestionario envíase automaticamente coas respostas completadas ata ese momento. Si un estudante manipula o reloxo do seu ordenador e detéctase unha diferencia de envío maior de 60 segundos, entón o cuestionario cualifícase cun cero automaticamente. Para que esta característica funcione o navegador debe soportar javascript. Para fixar este límite temporal hai que marcar a casilla "Permitir".
-
Atraso da segunda tentativa en relación coa primeira: establece o tempo que debe esperar un estudante antes de poder volver a contestar o cuestionario despois do primeiro intento.
-
Atraso entre tentativas posteriores: especifica o tempo que terá que esperar un alumno antes de poder intentar contestar ó cuestionario por terceira vez ou seguintes.
- Mostrar
-
Preguntas por páxina: en cuestionarios extensos pode ser práctico limitar o número de preguntas por páxina. Cando se engaden preguntas ó cuestionario insertaranse automaticamente saltos de páxina de acordo co axuste que se introduza aquí. Tamén existe a posibilidade de cambiar os saltos de páxina máis tarde na páxina de edición.
-
Barallar preguntas: cando activamos esta opción, a orde de preguntas do cuestionario barallarase aleatoriamente cada vez que un estudante tente resolvelo. É conveniente que estea habilitada para dificultar, tanto a memorización posicional das preguntas, como a copia entre estudantes. Esta opción non ten nada que ver coa xeración de preguntas aleatorias.
-
Barallas dentro das preguntas: ou barallar respostas, permite que se poidan barallar ao azar a orde de presentación das posibles opcións de resposta. Desta forma, cada vez que o estudante comece a contestar o cuestionario verá as diferentes opcións de resposta en orde distinta (supoñendo que a opción tamén esta habilitada nos axustes a pregunta). Esta opción só é aplicable a preguntas de tipo opción múltiple ou de emparellamento e, como o parámetro anterior, non garda relación co uso de preguntas aleatorias.
- Tentativas
-
Tentativas permitidas: determina o número de intentos permitidos para resolver o cuestionario. Pode configurarse intentos infinitos (por exemplo, para cuestionarios de autoavaliación ou de reforzo educativo) ou número de intentos entre 1 e 6.
-
Cada intento constrúese sobre o anterior: si se permiten varios tentativas, esta opción da a posibilidade ao estudante de visualizar as respostas que deu nun intento anterior. Isto permite completar unha pregunta a través de varias tentativas. para non amosar a resposta anterior en cada tentativa, hai que seleccionar "Non".
-
Modo adaptable: esta opción ten un propósito claramente formativo permitindo ó estudante que responda varias veces a unha pregunta do cuestionario, no caso de que a súa primeira resposta fora incorrecta. Sen embargo, normalmente aplicarase unha penalización fixando o factor individualmente para cada pregunta cando esta se formula ou edita.
No modo adaptativo amósase o botón adicional "Enviar" para cada pregunta. Si o estudante pulsa sobre este botón envíase a súa resposta e amósase a calificación. Si a pregunta é unha pregunta adaptativa e a resposta do estudante é incorrecta, plantexaráselle unha nova situación que tomará en consideración a resposta do estudante. Nas preguntas adaptativas máis sinxelas, esta nova situación pode consistir en solicitar ó estudante que responda de novo e en amosar un texto de "feedback" ou retroalimentación diferente. Nas preguntas máis complexas, poderíase cambiar tanto o texto da pregunta como os elementos de interacción. Este modo permite, ademais, que a pregunta que se plantexe ó estudante despois dun erro dependa da resposta.
-
Cualificacións
-
Método de avaliación: para cuestionarios onde se permitan múltiples tentativas, pódese elixir que a cualificación almacenada sexa a puntuación máis alta en calquera das tentativas, a media de tódalas tentativas, a da primeira ou a da última tentativa.
-
Aplicar penalizacións: si se executa un cuestionario en modo adaptativo, permitirase ó estudante tentar responder de novo despois dunha resposta fallida. Nese caso, ó activar esta opción, aplicarase unha penalización por cada resposta fallida que se restará da puntuación final da pregunta. O factor de penalización elíxese individualmente para cada pregunta cando se formula ou edita. Este parámetro só ten efecto cando activamos o modo adaptativo.
-
Número de decimais das cualificacións: fixa o número de decimais amosados na cualificación de cada tentativa.
-
Os/as estudantes poden facer revisións: nesta sección aparece unha matriz de opcións (casilla de verificación) que serven para controlar si os estudantes poden revisar as súas tentativas de resolución do cuestionario e en que momento o poden facer.
Estas opcións controlan que información poden ver os usuarios cando revisan un intento de resolver o cuestionario ou cando consultan os correspondentes informes.
- Inmediatamente despois da tentativa: a revisión poderá facerse nos dous minutos seguintes ao final dun intento (i.e., tras pulsar o usuario 'Enviar todo e rematar').
- Máis tarde, mentres o cuestionario aínda estea aberto: a revisión poderá facerse en calquera momento previo á data de peche.
- Despois de pechar o cuestionario: a revisión poderá realizarse unha vez que pase a data de peche do cuestionario. Obviamente, se o cuestionario non ten data de peche, esta opción non é posible.
Aos usuarios con permiso para 'Ver cualificacións ocultas' (xeralmente profesores e administradores) non lles afectan estas restricións, de modo que poderán en calquera momento revisar toda a información relativa aos intentos que os estudantes fixesen de resolver o cuestionario.
- Seguranza:
-
Mostrar cuestionario nunha xanela "segura": cando activamos esta opción, o cuestionario aparece nunha nova ventá que ocupa toda a pantalla. Ademais, establécense algunhas restricións sobre as operacións que se poden facer co navegador, como impedir algúns comandos do teclado e algunhas accións do rato sobre o texto (normalmente copiar e pegar). Deste xeito, téntase proporcionar algo máis de seguridade aos cuestionarios para prever a copia ou difusión do mesmo. Esta seguridade é relativa, xa que é imposible implementar unha protección completa dos cuestionarios nun contexto web. De calquera xeito, para aplicar esta opción é requisito imprescindible que o navegador soporte Javascript.
-
Require contrasinal: este campo opcional permite establecer un contrasinal de acceso ao cuestionario para evitar que persoas non autorizadas vexan as preguntas do cuestionario. Loxicamente, este contrasinal teremos que proporcionarllo ós estudantes antes de resolver o cuestionario ou quitala nese momento.
-
Require enderezo de rede: tamén é un campo opcional que restrinxe o acceso ó cuestionario a un rango de direccións IP. Trátase de outra medida para protexer o cuestionario e asegurarnos de que só se accede ó cuestionario dende unha máquina concreta ou unha aula determinada.
-
69.41.40. -> Direccións parciais asociadas a calquera PC con unha dirección IP que comece por estes números (por exemplo só se poderían cubrir o cuestionario dende equipos do centro)
-
172.26.5.0/24 -> Permite identificar con máis precisión as subredes mediante a notación CIDR.
-
97.19.185.166, 10.10.223.0/16 -> Tamén podemos especificar varias direccións IP (ou grupos) separadas por comas.
- Configuracións do módulo común
-
Modo de grupo: establece a forma de interacción entre os membros dos grupos de traballo (cada estudante só pode pertencer a un único grupo). Temos as seguintes opcións:
-
Non hai grupos: todos os estudantes formarán parte dun único grupo.
-
Grupos separados: os grupos traballarán independientemente, é dicir, os estudantes dun grupo só poden ver o seu propio grupo, sendo os demais grupos invisibles para eles.
-
Grupos visibles: cada estudante traballará dentro do seu grupo, pero poderá ver o traballo de outros grupos.
-
Nivel Curso: o modo grupal definido a nivel de curso ven por defecto para todas as actividades definidas dentro do curso.
-
Nivel Actividade: toda actividade que soporte grupos pode definir o seu modo de agrupación. Se o curso está configurado como forzar modo de grupo entón non teremos en conta a configuración de cada actividade.
-
Visible: permite amosar ou ocultar o cuestionario ós estudantes.
-
Avaliación Total: nesta sección pódese introducir un texto (retroalimentación) que verá o estudante cando complete unha tentativa de resolver o cuestionario. O texto pode depender da calificación que o estudante conseguira. Por exemplo, para as respostas e límites de cualificación amosados na imaxe anterior, os estudantes que puntúen 75% ou máis verán a mensaxe "Moi ben!!", os que puntúen máis do 50% pero menos do 75% verán "bastante ben", os estudantes que puntuaran menos do 50% e máis do 25% verán "Terás que esforzarte máis" e por último os que obteñan unha nota inferior ao 25% verán unha mensaxe de "Non tomaches isto moi en serio..." .
Si necesitamos dispoñer de máis cadros para comentarios cos seus correspondentes límites de calificación podemos facer clic no botón "Engadir máis áreas de avaliación" tantas veces como precisemos.
Para dar por finalizada a configuración do cuestionario pulsaremos no botón "Gardar cambios".
Como xerar unha lista de preguntas
Unha vez configurado o cuestionario presentarase a páxina de edición do cuestionario. Nesta páxina atopamos dúas seccións. Á esquerda amosase un listado coas preguntas do cuestionario (inicialmente esta lista estará baleira). Á dereita atópase o banco ou repositorio de preguntas, organizado por categorías. Dende este banco pódense copiar preguntas a calquera cuestionarios, independentemente do curso.
A pantalla de edición de preguntas amosa as preguntas da categoría seleccionada actualmente. Podemos escoller unha categoría no menú despregable "Categoría". Activando a casilla de verificación "Incluir sub-categorías" Moodle amosará tamén as preguntas de todas as subcategorías.
Ao principio cada curso ten só unha categoría denominada "Por defecto". É unha boa costume crear máis categorías para organizar as preguntas e evitar mantelas todas nunha gran lista. Tamén podemos implementar unha xerarquía de categorías creando subcategorías dentro dunha categoría pai.
Creación e edición de categorías de preguntas.
Para engadir ou editar categorías temos que pulsar no enlace "Categorías" ou no botón "Editar categorías". Amosarase a páxina "Editar categorías". Este listado amosa as categoría existentes cos seus atributos, que se poderán modificar facendo clic no seu nome.
Dende esta páxina tamén se pode borrar unha categoría existente mediante o icono de borrado "x". Si esta categoría contén preguntas, as preguntas non se borrarán, só a categoría. O sistema preguntará a qué categoría se moverán esas preguntas e, a continuación, executa a acción de borrar.
Creación e edición de preguntas.
Unha vez creadas as categorías, é o momento de engadir as preguntas. Lembre que este tema pode consultalo no apartado correspondente ao banco de preguntas (dispoñible tanto no tema 9 como no tema actual) ao que pode acceder él no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/platega/mod/resource/view.php?inpopup=true&id=34039
Importación de preguntas.
Ademais de xerar preguntas unha a unha empregando a interfaz gráfica de Moodle, pódense tamén importar preguntas de arquivos de texto de diferentes formatos. Deste xeito, é posible incluír no banco un gran número dunha soa vez (incluso de tipos mesturados).
Para importar preguntas hai que facer clic sobre o enlace "Importar" que se atopa na parte superior da páxina "Editando Cuestionario".
Na páxina que se abre podemos seleccionar o arquivo de importación e especificar o formato das preguntas nese arquivo. Moodle pode importar preguntas en múltiples formatos de texto (GIFT, Moodle XML, Hot Potatoes...) pode ver máis información no manual de referencia de Jesús Baños (dispoñible nesta plataforma)
Agregar preguntas a un cuestionario
Unha vez creadas as preguntas, podemos agregalas ao cuestionario, para iso prememos sobre a pestana "Editar". Na parte dereita da pantalla veremos as preguntas existentes no banco e na parte esquerda as asignadas ao cuestionario.
Dispoñemos duns botóns de acción que nos permitirán agregar as preguntas ao cuestionario (pasar á esquerda), previsualizalas, editalas, eliminalas ou seleccionalas.
Podemos ir pasando as preguntas dunha en unha ou seleccionar varias marcando as casas que aparecen á esquerda da lista e pulsando despois o botón "Engadir ao cuestionario" que figura ao final da lista. Se desexamos agregar todas as preguntas, utilizaremos o enlace "Seleccionar todo".
Unha vez que agreguemos unha pregunta ao cuestionario, aparece no lado esquerdo da pantalla (preguntas do cuestionario).
A pregunta segue sendo seleccionable á dereita, pero só podemos agregala ao cuestionario unha vez (non se pode repetir a mesma pregunta)
Unha vez que agreguemos as preguntas podemos cambiar a orde facendo clic nas iconas en forma frecha, no lado esquerdo da lista. Igualmente, podemos quitar unha pregunta do cuestionario utilizando a icona correspondente
Unha vez agregadas ao cuestionario podemos determinar a cualificación de cada pregunta na columna "Cualificación". Isto permítenos fixar o peso relativo de cada pregunta no cuestionario (a importancia de cada pregunta, cal é a que mais vai a puntuar e canto puntúa fronte as demais).
Debemos fixar tamén a cualificación máxima do cuestionario completo con relación ao curso, por exemplo a nota do cuestionario podería ser o 20% da nota do curso (nese caso escribiremos un 20)
Isto non ten que ser igual á suma das cualificacións das preguntas individuais. As cualificacións alcanzadas polos estudantes serán extrapoladas segundo a cualificación global ou máxima do cuestionario.
Despois de axustar as cualificacións das preguntas individuais debemos facer clic en Gardar cambios.
Moodle proporciona ademais unha ferramenta para facilitar a ordenación das preguntas que se activa mediante a casa de verificación "Mostrar a ferramenta de reordenación".
Tamén podemos modificar o número de preguntas por páxina e mostrar as quebras de páxina.