Recursos e módulos transmisivos
Neste apartado trataranse os recursos e actividades que Moodle proporciona para ofrecer información ao estudante.
Normalmente será o docente o que exerza a función de transmisor da información e o estudante seguirá sendo suxeito pasivo.
Dentro destes contidos podemos atopar documentos de texto, máis ou menos estruturados, presentacións multimedia, páxinas web ou calquera outro documento que sirva para ofrecer información. Na ensinanza tradicional sería equivalente aos libros de texto ou apuntes de clase, por exemplo.
A maior parte dos recursos transmisivos atópanse na lista despregable Engadir un recurso.... Nembargantes, hai outras actividades que se ubicaron no grupo de recursos e módulos interactivos ou colaborativos que poderían perfectamente estar aquí. É o uso que se lles da a estas actividades o que as fará estar nunha ou outra categoría. Por exemplo, a actvidade Glosario, será transmisiva se a fai o docente e o estudante simplemente a consulta. Será máis ou menos interactiva si o estudante pode editar as entradas. Ou será colaborativa si a actividade se desenrola entre todos avaliándose mutuamente.