Páxina de texto
Ruta: activar o modo de edición e na páxina principal do tema ou sección abrir o despregable Engadir un recurso... > Elaborar unha páxina de texto
Unha páxina de texto é un texto normal sen formato (texto plano), é dicir, sen ningún tipo de estilos (grosa, cursiva...) e sen estruturas (listas, táboas...).
Isto non quere dicir que este recurso non poida conter estilos e estruturas, pero hai que conseguilo empregando unha sintaxe explícita.
Unha vez seleccionada esta opción aparecerá un formulario no que debemos de configurar os seguintes parámetros:
- Nome: texto identificativo con que quedará en lazada a páxina de texto na páxina principal do curso, dentro da sección elixida. Pode incluír marcas ou etiquetas HTML para resaltar parte ou a totalidade do nome.
- Resumo: é unha descrición moi breve do contido do recurso.
- Texto completo: é o lugar onde se engade o texto que se ofrece aos estudantes. Pode conter etiquetas HTML.
- Formato: Temos as seguintes opcións:
- Formato automático de Moodle: o formato máis simple co que se poden especificar estilos de texto. Todo o texto é aceptado tal cual se escribe e Moodle encargarase de realizar algunhas operacións para formatear automaticamente o texto. Por exemplo, todo texto que comece por "http://" ou por "www." se converterá nun enlace ao enderezo especificado.
- Formato HTML: este formato asume que o texto está escrito en HTML puro.
- Formato de texto simple: (texto plano) non se empregará ningún tipo de formato, nin se interpretan as marcas HTML.
- Formato Markdown: resulta axeitado para escribir páxinas de texto claro con algunhas cabeceiras e listas, pero sen demasiados enlaces ou imaxes. A especificación da sintaxe Markkdown pódese atopar en http://daringfireball.net/projects/markdown/syntax.
- Xanela: permite elixir se o contido do recurso se amosará na mesma xanela de navegación ou nunha nova (popup). Facendo clic no botón de Mostra avanzada poderemos axustar a nova xanela onde se visualizará o recurso.
Páxina de texto
Unha páxina de texto é un texto normal mecanografado sen formato (texto plano), é dicir, sen ningún tipo de estilos (grosa, cursiva...) e sen estruturas (listas, táboas...). Isto non quere dicir que este recurso non poida conter estilos e estruturas, pero hai que conseguilo empregando unha sintaxe explícita.
Para engadir un recurso de tipo Páxina de texto debemos activar o modo de edición e seleccionar a opción Elaborar unha páxina de texto da lista depregable Engadir un recurso... Aparecerá un formulario como o da seguinte imaxe no que debemos configurar os seguintes parámetros:
- Nome: texto identificativo con que quedará en lazada a páxina de texto na páxina principal do curso, dentro da sección elixida. Os estudantes accederán ao contido deste recurso facendo clic sobre este nome, polo que é importante que sexa bastante descritivo, á vez que conciso, Pode incluír marcas ou etiquetas HTML para resaltar parte ou a totalidade do nome.
- Resumo: é unha descrición moi breve do contido do recurso. Pódese empregar para adiantar aos estudantes o contido do mesmo ou os obxectivos. A este informe pódese acceder a través do enlace Recursos, dentro do bloque Actividades. Pode ser escrito mediante o editor de HTML de Moodle.
- Texto completo: é o lugar onde se engade o texto que se ofrece aos estudantes. Pode conter etiquetas HTML.
- Formato: Moodle da a posibilidade de seleccionar o tipo de formato que se aplicará ao texto. Temos as seguintes opcións:
- Formato automático de Moodle: é o formato máis simple co que se poden especificar estilos de texto e o mellor cando empregamos formularios web normais para escribir texto (en lugar do editor HTML enriquecido).
Todo o texto é aceptado tal cual se escribe e Moodle encargarase de realizar algunhas operacións para formatear automaticamente o texto. Por exemplo, todo texto que comece or "http://" ou por "www." se converterá nun enlace ao enderezo especificado. As formas textuais de indicar emoción converteranse no seu correspondente emoticono (o texto "" transformarase en ). Tamén se poden incrustar algunhas marcas HTML para aplicar formato ao texto. - Formato HTML: este formato asume que o texto está escrito en HTML puro. A diferenza do automático, neste modo non se formateará o texto automaticamente.
- Formato de texto simple: (texto plano) non se empregará ningún tipo de formato. O contido do recurso amosarase tal e como se introduce no cadro de texto completo, sen realizar ningunha conversión. Nin sequera se interpretan as marcas HTML.
- Formato Markdown: este formato é outra sintaxe alternativa, similar á tipo wiki e a HTML, para facilitar ao máximo a escritura XHTML correctamente formateadas empregando unicamente o texto escrito -algo parecido a cando escribimos un correo electrónico-. Resulta moi axeitado para escribir páxinas de texto claro con algunhas cabeceiras e listas, pero sen demasiados enlaces ou imaxes. A especificación da sintaxe Markkdown pódese atopar en http://daringfireball.net/projects/markdown/syntax.
- Xanela: mediante este parámetro podemos facer que o contido do recurso se amose na mesma xanela de navegación ou nunha nova (popup). No primeiro caso, substituirase a páxina actual pola do recurso e, non segundo caso, abrirase unha nova xanela de navegación. Facendo clic no botón de Mostra avanzada poderemos axustar a nova xanela onde se visualizará o recurso.
- Visible: podemos ocultar o recurso aos estudantes seleccionando a opción Ocultar. Pode ser de interese se aínda non queremos amosar o recurso.