Creación de un novo curso
Unha vez que xa estamos autenticados na plataforma (e previamente o Administrador nos otorgou o rol de Creador de cursos) deberemos acceder á sección de Cursos onde teremos a posibilidade de crear un novo.
Como na presentación por defecto da Aula Virtual non nos aparece en pantalla a sección de Cursos, realizaremos os seguintes pasos:
- Prememos sobre o título dalgún dos cursos dispoñibles na plataforma (teñamos ou non acceso a el e estemos ou non interesados na súa temática, é so un mero trámite ou paso)
- Na seguinte pantalla aparecerá unha información indicándonos si temos ou non permiso para acceder ao curso, pero nesta ocasión tanto nos dá, xa que o único que nos interesa é que agora temos dispoñible na barra de navegación (migas de pan) o enlace á sección de Cursos (ver seguinte imaxe).
Prememos sobre este enlace Cursos situado na barra de navegación. - Agora xa teremos dispoñible, ademáis da lista dos cursos da plataforma, un botón que nos permite Engadir un novo curso. Desde este botón poderemos crear os nosos propios cursos dentro da Aula Virtual.
Prememos sobre este botón para crear o novo curso.
Configuración inicial básica do novo curso
Chegados a este punto, aparecerá a ficha de configuración do novo curso. De momento só realizaremos unha configuración mínima para deixar o curso creado e preparado para o seguinte módulo onde veremos en detalle cada un dos apartados de configuración.
Polo momento só será necesario que indiquemos os seguintes aspectos:
-
Nome completo: indicaremos o nome completo do usuario (alumno creado do curso).
-
Nome abreviado: indicaremos só o nome do alumno.
Feito isto, baixaremos ata o final da ficha para gardar as modificacións premendo sobre o botón "Gardar modificacións" deixando o resta das opcións de configuración cos valores que aparecen por defecto.
Continuaremos no vindeiro módulo.