Inserir táboas

Ao premer no botón Inserir táboa da barra de ferramentas do editor HTML, ábrese unha xanela onde podemos especificar os parámetros da nova táboa: número de filas e de columnas, a largura total da táboa, medida en porcentaxe da xanela ou en píxeles. Un pouco máis abaixo, podemos establecer a aliñación da táboa no documento, a largura do bordo e os espazamento interno ou a separación entre filas e columnas.

Inserir táboa

Non é doado o traballo con táboas no editor HTML, especialmente si estamos acostumbrados a deseñalas cun procesador de textos. É moi importante deseñala ben desde o principio xa que é un pouco complicado reestruturar unha táboa xa inserida. En calquera caso, cando traballemos con táboas é moi convinte agrandar o espazo do editor premendo sobre o botón Aumentar o editor. Deste xeito amosaránse novos botóns que facilitan en certa medida a edición das táboas.

Barra de ferramentas para táboas

A continuación describimos brevemente cada un dos botóns da barra de ferramentas para táboas.

 
Propiedades da táboa Propiedades da táboa.
Propiedades da fila Propiedades da fila.
Engadir fila por ribaEngadir fila por abaixo Engadir unha fila por riba ou por debaixo da seleccionada.
Borrar fila Borrar a fila seleccionada.
Dividir a fila Dividir a fila.
Engadir columna á esquerdaEngadir columna á dereita Engadir columna á esquerda ou á dereita da seleccionada.
Eliminar a columna seleccionada Eliminar a columna seleccionada.
Dividir a columna Dividir a columna.
Propiedades da celda seleccionada Propiedades da celda seleccionada.
Engadir celda enribaEngadir celda abaixo Engadir unha celda enriba ou debaixo da actual.
Eliminar celda Eliminar celda.
Combinar celdas Combinar celdas.
Dividir a celda Dividar á celda.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Share Alike 3.0 License