Planificando o curso: O calendario
O calendario
Este é un bloque que deberás engadir manualmente. Para iso, activa a edición e no menú bloques, selecciona "Calendario"
Presenta os seguintes eventos:
Este é un bloque que deberás engadir manualmente. Para iso, activa a edición e no menú bloques, selecciona "Calendario"
Presenta os seguintes eventos:
|
Todas as actividades de Moodle con data límite serán eventos do calendario automaticamente.Cada un destes eventos resáltase no calendario mediante unha cor diferente. Tamén se resalta a data actual. Podemos ver os meses anteriores ou futuros facendo clic nas frechas laterais do mes actual.
Pódense ocultar ou mostrar varias categorías de eventos facendo clic sobre a ligazón do evento correspondente situado debaixo do calendario. Desta forma, pódese facilitar a lectura do calendario, especialmente se este contén moitos eventos.
O nome do mes actual é unha ligazón que nos conduce á axenda do devandito mes. Esta axenda mostra unha vista do mes seleccionado con información detallada sobre os diferentes eventos. Á dereita, mostra unha vista trimestral, cos meses anterior e posterior ao seleccionado, o que permite controlar mellor as datas de inicio e fin de mes.
Desde esta fiestra, poderemos agregar, editar e xestionar os eventos por medio dos seguintes elementos funcionais:

- Ligazóns de tipo de evento, para activar ou desactivar a súa visualización.
- Botón de Novo evento, para acceder ao editor de eventos e crear un novo.
- Selector de cursos, que permite seleccionar o curso a visualizar. É convinte ter seleccionado Todos os cursos para dispoñer dunha vista consolidada dos eventos de todos os cursos nos que esteamos matriculoados para detectar posibles solapamentos ou colisións entre eles.
- Barra de navegación mensual, para ir ao mes anterior ou seguinte.
- Botón Preferencias, que leva á páxina de configuración das preferencias visuais do calendario e as alertas de eventos próximos.
- Botón Exportar calendario, que permite seleccionar o tipo de eventos e as datas de aplicación para xerar un arquivo que poderá aberto por outras aplicacións como, por exemplo, Microsoft Office Outlook.
Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM