Práctica 3

Nesta ocasión a práctica que se deberá realizar será sobre os dous puntos vistos no módulo:

Para a primeira parte imos aproveitar a ocasión para ver un contido extra, que sería xerar un PDF a partires dun documento de texto. Seguindo a liña de utillización de software libre empregaremos o procesador de textos da suite OpenOffice: Writer.

Nota: para a valoración desta actividade só se terá en conta a correcta publicación dun ficheiro en formato PDF, independentemente de como fora creado.

O primeiro será realizar a composición dun documento no procesador de textos sobre a temática de traballo de cada un. No exemplo o alumno de probas seguirá coa súa temática sobre os Volcáns. Nesta composición do documento incluiremos tamén algunha imaxe de igual xeito que fixemos na práctica anterior.

Edición de documento en Writer (OpenOffice)

Unha vez que xa teñamos o documento de texto creado teremos que convertilo a formato PDF, que sempre é o recomendado para publicar a documentación a través de Internet.

Desde o programa de OpenOffice é tan doado como premer un botón, xa que non necesitamos recurrir a ningún outro software complementario. O propio programa de edición de texto, Writer, xa nos presenta na súa barra de botón a opción de xerar un PDF.

Botón de creación de PDF en Writer (OpenOffice)

Premendo sobre este botón de exportar como PDF imos ter que indicar onde queremos aloxar o PDF que se vai xerar (por defecto o gardará na mesma carpeta onde teñamos gardado o documento de texto) e tamén o nome do novo ficheiros (que tamén por defecto collerá o mesmo nome do documento).

Documento PDF xerado

Unha vez que teñamos o PDF xa só nos queda seguir os pasos indicados no apartado "Xuntar ficheiros" deste módulo, creando un contido de tipo Páxina e ubicandoo, como de costume, no apartado de Tarefas dentro da categoría que leva o noso nome.

O Título deste contido sera: "Tarefa 3.1 Documentación sobre " engadindo a temática tratada, por exemplo: "Tarefa 3.1: Documentación sobre os volcáns"

Tarefa 3.1

No Corpo deste contido realizaremos unha breve descrición da documentación que se xunta, que conteña información de interese para os destinatarios. Trátase de que teñan unha información clara sobre o contido do documentos antes de que teñan que descargalo e abrilo. Así esta informacion variará dependendo de cada situación, destinatarios, etc.

Corpo da páxina

Finalmente, xuntamos o documento PDF e prememos sobre o botón Enviar.

Xuntar ficheiros

Embeber un vídeo

Visitaremos a páxina de YouTube (http://www.youtube.com/) e buscaremos un vídeo existente relacionado coa temática tratada.

Resultado da busca en YouTube

Unha vez que teñamos localizado o vídeo desexado, crearemos un novo contido tipo Páxina e seguiremos os pasos indicados no apartado "Embeber vídeos: YouTube" deste módulo.

O Título deste contido sera: "Tarefa 3.2: Vídeo sobre " engadindo a temática tratada, por exemplo: "Tarefa 3.2: Vídeo sobre os volcáns"

Tarefa 3.2

No apartado de Corpo será onde coloquemos o código HTML para embeber o vídeo. Tamén o podemos acompañar con algunha descrición textual. Unha vez introducido o código, prememos sobre o botón Enviar e xa podemos disfrutar do vídeo na nosa páxina.

Vídeo embebido



Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06