Bloques
A páxina principal do curso ten habitualmente bloques nos lados esquerdo e dereito, e na columna central están os contidos do curso. Esta mesma páxina que estás a ler é un bo exemplo do que se está a dicir. Observa que o este texto está na columna central, máis ancha, e a ámbolos dous lados hai diferentes bloques.
Os bloques permiten adaptar o contorno de Moodle ás necesidades de alumnado e profesorado. Os bloques pódense engadir, ocultar, suprimir, e desprazar lateral ou verticalmente, cando o modo de edición estea activado.
Os bloques proporcionan información ou funcionalidade adicional ó estudante ou ó profesor. Inclúense co paquete estándar de Moodle pero hai un conxunto de bloques non estándar que poden ser engadidos polo administrador.
A continuación descríbense os bloques máis relevantes:
|
Actividade recente: Amosa os últimos movementos dun usuario no curso. Entre outras cousas o alumno poderá ver as súas últimas participacións nos foros ou as últimas actividades programadas. |
Actividades: Permite ó usuario un acceso rápido ós diferentes tipos de actividades incluídas nun curso. |
|
|
Administración: Permite acceder a diferentes ferramentas administrativas en función do perfil. Desde estas opcións o alumno pode examinar as súas cualificacións, cambiar o seu contrasinal ou darse de baixa dun curso (sempre en función das posibilidades que teña postas o profesor ó dispor dos alumnos). Por outra parte, o profesor pode configurar o curso, engadir novas actividades, dar de alta a novos usuarios ou facer copias de seguridade. A maior nivel de privilexios, máis opcións aparecen neste bloque. |
Calendario: Reflexa tódalas datas que poden resultar de interese no percorrido do curso (apertura dunha nova unidade didáctica, data de entrega de actividades, etc.) |
Procurar: Permite procurar nos foros dun curso información que pode resultar de utilidade. A información procúrase en función de cadeas de texto introducidas polo usuario. |
Novidades: Amosa un resumo dos últimos anuncios publicados no Foro de Novidades do curso. Este listado de anuncios ofrece a posibilidade de accede-lo contido completo do anuncio e de engadir novas entradas. O número de anuncios que aparecen no listado pódese configurar no formulario de "configuración do curso". |
|
|
Persoas: Agrupa opcións relacionadas coa información recollida por Moodle sobre os participantes nun curso, ben sexan alumnos ou profesores. Por exemplo, podemos visualizar a información do resto de alumnos, a que grupo pertence ou modifica-los datos da nosa folla persoal. |
Usuarios en liña: Amosa os usuarios conectados ó curso nese momento. Moodle detectará novos usuarios pasado uns minutos (configurable polo administrador). |