Empregar texto enriquecido (TinyMCE)

Unha vez que no novo contido xa introducimos o título e especificamos o destino de publicación, podemos empezar a introducir información no Corpo.

O elemento fundamental na composición de calquera tipo de nova en Internet será o TEXTO. Para a edición do texto no corpo contamos cunha ferramenta de texto enriquecido (TinyMCE) que nos permite dun xeito sinxelo e básico establecer diferentes formatos aos caracteres e/ou parágrafos.

O primeiro que temos que ter en conta é que este enriquecedor de texto (TinyMCE) non está dispoñible en todos os temas, así pode ocurrir que ao cambiar de tema non apareza esta ferramenta.

Texto enriquecido (TinyMCE)

Nos seguintes puntos detallaremos cada un destos elementos dentro da sección de edición que lle correspondan. Así veremos:

  • Formato de caracteres.

  • Formato de parágrafo.

  • Creación de hiperenlaces.

  • Estilos.

  • Inserir imaxes.

  • Inserir táboas.

  • Separar páxinas.

  • Outros: cortar-copiar-pegar.


Última modificación: miércoles, 23 de diciembre de 2015, 11:06