Unha vez que os titores vos faciliten o nome de usuario e contrasinal (lembrade que é necesario que cambiedes o contrasinal orixinal por outro que desexedes e que non esquezades), deberedes entrar no curso de prácticas e acceder como usuario autenticado.
Acceso ao curso de prácticas

Unha vez dentro poderede atopar un menú do voso usuario situado na marxe esquerda da páxina.

Nel atoparedes tamén unha opción de "Crear contido" que vos permitirá crear catro tipos diferentes de contidos.

Deberedes de seleccionar un destes tipos de contidos a crear, preferentemente Historia ou Páxina, e cubrir os seguintes campos:
  • Título: Obrigatorio para calquera contido creado. Deberá empezar por "TAREFA 1: " e a continuación o título que desexedes.
  • Categorías: Aquí atopareces tantas categorías como alumnos. Debedes buscar a correspondente, cada alumno/a na súa, e seleccionar a opción "Tarefas". (Voluntariamente tamén podedes crear contidos de calquera tipo na opción Prácticas con este fin, de practicar).
Crear contido Páxina
  • Na sección de Corpo escribiremos un texto. Con un par de parágrafos será suficiente.
  • Canto o teñamos rematado prememos sobre o botón Enviar. Nese momento o contido quedará publicado na web do curso de prácticas.
Escribir un texto na páxina
Unha vez publicado o traballo, realizaremos unha captura de pantalla que será a que teñamos que remitir ao titor como tarefa realizada. Nesta captura procuraremos que aparezan visibles o menú do usuario, o contido publicado así como a ruta de publicación (ver imaxe seguinte):

Contido publicado
Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06