Páxina

Para a creación dun contido novo deberemos de entrar na web como usuario autenticado (introducindo o noso Nome de usuario e contrasinal) e logo buscar no bloque do usuario a opción de 'Crear contido'.

Crear contido Diferentes tipos de contido que se poden crear

Nota.- se prememos sobre o signo [+] que precede á opción 'Crear contido' despregarase o menú amosándonos os enlaces para crear os diferentes tipos de contidos para os que teñamos permiso.

Neste momento veremos como crear un contido tipo 'Páxina' que, como vimos na Introducción deste módulo, é o tipo de contido máis básico. Sería para crear un contido onde a información que imos a ofrecer é mínima.

Premeremos sobre o nome do tipo de contido desexado: 'Páxina'.

Entraremos así nunha páxina ou formulario de edición onde crear o novo contido. Neste formulario deberemos cubrir diferentes apartados ata completar a ficha.

O primeiro apartado que debemos cubrir de forma obrigatoria é o campo 'Título'. Sabemos que é obrigatorio porque aparece xunta a él un asterisco vermello: Título: *

Este título terá unha dobre funcionalidade xa que ademáis de darlle nome ao contido será o enlace sobre o cal os visitantes deberán de premer para acceder ao contido completo, xa que en principio só van aparecer visibles as primeiras liñas do mesmo.

Exemplo.- podedes visitar o portal da Xunta de Galicia (http://www.xunta.es) ou a páxina do periódico La Voz de Galicia (http://www.lavozdegalicia.es) que actúan de forma semellante.

Na seguinte imaxe podemos ver a ficha de creación dun contido tipo páxina.

Ficha de contido tipo Páxina

Lugar de destino.

Despois de introducir o 'Título' da páxina debemos seleccionar o lugar de destino onde desexamos ubicar o contido, onde queremos que apareza publicado.

O destino de publicación dun contido tamén é configurable e depende da organización do espazo por parte dos administradores. Así os administradores van decidir os lugares nos que se lles permitirá aos usuarios publicar os contidos creados para que aparezan na Web.

Dependendo entón da estrutura que teñan definida os administradores, pode ser que teñamos máis ou menos lugares nos que poder publicar os nosos contidos.

Por exemplo, por defecto os usuarios que se den de alta na web do centro como profesores (rol = profesor) so poderán publicar nalgún dos apartados da categoría 'Departamentos', como se aprecia na imaxe anterior. Pero xa dicimos que isto non quere dicir que un profesor nunca vai a poder publicar noutro lugar que non sexa o menú de Departamentos, senón que en cada centro se decidirá como se reparten os permisos para publicar nos diferentes apartados.

Corpo.

En tercer lugar teremos que cubrir o contido da nosa páxina que queremos crear. Este contido deberemos de introducilo na sección chamada 'Corpo'.

Esta sección de 'Corpo' ven sendo un sinxelo editor de texto. Na parte superior podemos ver varias filas de botóns que nos permitirán enriquecer a edición do noso texto con diferentes opcións: formato do texto, listas ordenadas e sen ordenar, crear hipervínculos, selección de formatos de texto, de fonte, tamaño do texto, inserir imaxes, táboas... Todo isto verémolo nos seguintes documentos do presente módulo con máis detalle.

É moi convinte que no momento da edición dos nosos contidos neste Corpo non se "abuse" do enriquecedor de texto, é dicir, non debemos darlle demasiados efectos variando os tipos de letra, tamaños, cores, etc.

Debaixo da sección 'Corpo' aparece un enlace que di 'desactivar texto enriquecido'. Premendo sobre este enlace poderemos acceder ao corpo en modo HTML. É unha opción interesante para os usuarios avanzados xa que permitiría modificar directamente o código HTML do corpo da páxina.

Formato de entrada.

Nesta sección dispoñemos de dúas opcións para decidir o formato HTML da páxina que estamos creando.

Por defecto aparece marcada a opción 2ª: Full HTML.

En ocasións deberemos de empregar a 1ª opción: Filtered HTML, especialmente cando no corpo da páxina introduzamos etiquetas HTML que a páxina non é capaz de intrepretar. Algunhas destas etiquetas aparecen definidas nesta opción (<a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>) pero os adminsitradores poderán engadir novas etiquetas de ser necesario.

Formato de entrada

Ficheiros adxuntos.

Unha opción moi interensante que nos permite o tipo de contido 'Páxina' é a de xuntar ficheiros.

Deste xeito poderemos acompañar as páxinas creadas con outro tipo de documentación (.pdf, .odt, ...) ou calquera tipo de ficheiro (.7z, ...)

Para xuntar un ficheira á páxina deberemos de premer sobre o botón 'Examinar' para localizar o ficheiro desexado no noso equipo. Unha vez localizado premeremos sobre o botón 'Adxuntar' situado ao final desta sección.

Ficheiros adxuntos

Enviar páxina.

Unha vez que xa teñamos toda a nova páxina completada, poderemos reallizar dúas accións:

  • Vista previa: permitiranos comprobar como vai a quedar a nova páxina unha vez publicada.

  • Enviar: premendo sobre este botón a páxina quedará publicada na Web.

Vista previa e Enviar

Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM