Introdución
Introducción
Dentro do menú do usuario tamén podemos atopar un enlace que pon: Crear contido. Premendo sobre este enlace accederemos a unha páxina onde se listan os tipos de contidos podemos empregar.
Os tipos de contidos que aparecen por defecto son os seguintes:
-
Páxina. Este tipo de contido é o máis básico. Sería para crear un contido onde a información que imos a ofrecer é mínima. Un bo exemplo sería unha páxina onde describimos brevemente que tipos de contidos serán os que se atopen na sección que estemos visitando.
-
Historias. Este tipo de contido é o máis apropiado para a creación das nosas páxinas, onde podemos publicar unha cantidade máis extensa de información.
-
Imaxe. Este tipo de contido permite subir unha imaxe á web, de forma que nos vai a crear unha miniatura da imaxe orixinal e permite introducir un texto descriptivo da mesma. Unha vez publicada a imaxe, o visitante poderá ver a miniatura da imaxe así como a descripción e premendo sobre esta miniatura poderá acceder á imaxe orixinal1.
Existen outros tipos de contidos que de partida non estarán dispoñibles para o usuario do espazo Web, a non ser que o administrador do centro lle otorgue permisos para poder crealos. Estes outros tipos de contido son:
- Audio: permite a subida de arquivos de audio, MP3 por exemplo, para a súa reprodución directamente na web (streaming).
-
Eventos: contidos que aparecerán marcados no calendario.
-
Libros colaborativos: para a creación dun contido entre varios autores.
-
Páxinas de blogues: para a creación de blogues individuais dos usuarios do espazo (blog).
-
Formulario: para a recepción de datos dos visitantes.
-
Enquisas: para recoller información de votacións.
-
Foros: para a participación en debates.