Modificación de datos persoais
Modificación de datos persoais
Unha vez que teñamos iniciada a sesión podemos acceder aos nosos datos de usuario e personalizalos.
Como os datos de acceso ao espazo web foron creador por outras persoas (administradores) debemos de cambiar, cando menos, o contrasinal que nos outorgaron para personalizalo e poder lembrarnos del nas futuras ocasións.
Para acceder aos nosos datos de usuario e poder modificalos debemos buscar nos menús laterais (esquerda ou dereita) un menú que leve por título o noso Nome de usuario e nel atoparemos un enlace que di A miña conta.
Por exemplo, se o meu nome de usuario é 'profe1' o meu menú de usuario aparecería así:
Ao premer no enlace 'A miña conta' accederemos á paxina de datos do usuario. Na parte superior podemos atopar outro enlace que di 'Editar'. Prememos sobre este enlace para entrar na ficha de edición e modificación dos nosos datos de usuario.
Como xa dixemos é recomendable cambiar o contrasinal inicial por motivos tanto de seguridade como de comodidade do propio usuario. Vexamos como facelo:
Ao entrar na ficha de Edición veremos que temos un campo onde aparece o noso contrasinal (si non está correcto tamén sería o momento de correxilo) e un pouco máis abaixo aparecen dous campos baleiros: Contrasinal e Confirmar contrasinal. Se dexesamos cambiar o contrasinal tan só debemos de escribir a nova nos dous campos. Se os deixamos en branco mantense o contrasinal actual.
Tamén podemos realizar outras configuracións nesta ficha de edición da nosa conta, como seleccionar o idioma da interface, poñer unha sinatura (que aparecerá logo nos envíos dos comentarios que fagamos) ou cambiar o fuso horario.
Tamén podería aparecer a opción de cambiar o tema ou apariencia da web. Con esta opción cada usuario podería empregar o tema desexado dentro dos ofertados polos administradores. Se os administradores só ofertan un tema, xa non teremos posibilidade de elixir.
Para confirmar os cambios efectuados debemos de premer sobre o botón Enviar situado no fondo da páxinas. Feitos estes pasos, xa estamos en condición de empezar a publicar contidos dentro do espazo Web.