10.1 Obtención e conversión de vídeos
Obtención e conversión de vídeos
Para pode conseguir os vídeos que desexamos empregar na nosa web en formato FLV podemos ter o seguinte:Desde a WEB
Para poder "descargar" un vídeo da web, por exemplo de Youtube, e empregalo despois nas nosas publicacións sen depender de enlaces externos (que poden hoxe estar dispoñibles pero mañán xa poden deixar de estalo) unha opción útil podería ser a que se describe a continuación.Empregaremos o navegador Firefox ao cal lle instalaremos a extensión ou complemento Video DownloadHelper.
Para isto iremos á páxina de complementos de Firefox (https://addons.mozilla.org/es-ES/firefox) e na caixa de busca escribiremos o nome do complemento: Video DownloadHelper.
Prememos sobre a frecha para buscar (ou presionamos a tecla Intro) e xa aparecerá o complemento buscado.
Para instalalo no noso navegador so temos que premer sobre o botón "Engadir a Firefox".
Unha vez instalado o complemento e reiniciado o navegador Firefox, poderemos observar que aparece unha nova icona na barra de botóns, representada por tres boliñas.
Cando visitemos unha páxina que esté servindo un vídeo, por exemplo Youtube, observaremos como esta icona realiza unha animación de movemento e aparece unha frecha negra á súa dereita.
Pois ven, descargar agora un vídeo para o noso PC é tan doado como premer sobre esa frecha negra e premer sobre o nome do vídeo que estamos que visionando que aparecerá neste menú.
Unha vez descargado xa podemos empregalo nas nosas páxinas subindoo como un ficheiro adxunto.
Convertir desde outro formato
Tamén podemos conseguir os vídeos en formato FLV convertíndoos desde outros formatos, como AVI, MPG...Aquí podemos ter dúas solucións, dependendo do Sistema Operativo que empregemos:
- Windows: podemos empregar o programa SUPER que permite realizar conversións de formatos entre casi calquera tipo.
Este programa é gratuito e pódese descargar desde a páxina: http://www.erightsoft.com/SUPER.html - GNU/Linux: podemos empregar o programa ffmpeg que desde consola permite realizar tamén cambios de formato.
Neste caso, para convertir un AVI a FLV empregaremos o seguinte:
$ ffmpeg -i video_orixinal.avi -ab 56 -ar 44100 -b 400 -r 15 -s 320x240 -f flv salida.flv
Os parámetros pódense personalizar para conseguir diferentes tamaños e compresión do vídeo.
Máis info: http://ffmpeg.org/ffmpeg-doc.html
Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM