Rexistro e acceso á plataforma

          Para poder acceder ó sistema temos que estar rexistrados como usuarios do mesmo. O modo de nos rexistrar dependerá de cómo esté establecido por parte do administrador. Pensemos no modo no que chegamos a acceder a este espazo.

         

No caso dos alumnos, o administrador do curso pode facelo manualmente, o deixar que os alumnos se rexistren poe medio do formulario que moodle dispón a tal efecto (imaxe seguinte) ó que se accede facendo clic sobre o texto "Entrar" presente na páxina principal de calquera entorno Moodle.

rexistrarse como alumno

Unha vez dados de alta, o acceso faise mediante autentificación introducindo o nome de usuario e o contrasinal no formulario de ingreso que pode tomar dúas formas (ve-las seguintes imaxes)

No bloque de acceso

Bloque de acceso

na páxina de acceso e rexistro

Páxina de acceso e rexistro

          Pode observarse que existe a posibilidade de acceder como convidado. Isto é posible en determinados cursos sempre que o administrador do curso o teña establecido.

          Tamén é posible solicitar axuda para entrar no caso de que teñamos esquecidos os nosos datos de acceso. Só é preciso facer clic no botón para que o sistema envía ó noso enderezo electrónico instruccións para resolve-lo problema.

Unha vez teñamos accedido, atoparemo-la páxina principal do sitio, na que aparece diferente información de interese xeral. Os contornos Moodle son doados e intuitivos. Polo xeral a información máis relevante amósase no centro da pantalla mentres que á esquerda e á dereita sitúanse os 'bloques' de moodle que aloxan diversas ferramentas e funcións (verémolas máis adiante).

Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM