Xerar unha consulta

          Para xerar unha consulta dédense segue-los seguintes pasos:

Formulario de configuración de consulta
  • Activa-lo 'Modo Edición'
  • Selecciona-la opción [Consulta] no despregable [Agregar Actividade]
  • A continuación, completa-los campos de formulario de configuración:
    • Título da consulta.
    • Texto da consulta.
    • Consulta n: cada unha das posibles repostas de entre as que pode elixir o alumno.
    • Límite: Número máximo de respostas permitidas para unha consulta.
    • Limita-lo número de respostas permitidas. Por defecto tódolos alumnos poden elixir calquera das respostas. Habilitando esta opción o número de respostas permitidas para unha mesma consulta é limitado (por exemplo nunha consulta para a formación de grupos dun número limitado de compoñentes).
    • Restrinxi-la resposta a este período. Restrinxe a posibilidade de responderá consulta a un período determinado.
    • Modo amosar. O profesor pode decidir se as posibles respostas á consulta son amosadas horizontal e verticalmente.
    • Publicar resultados. Moodle permite amosa-los resultados das consultas ou non ós alumnos que teñan participado na mesma podendo ser despois de respostar, despois de pecha-la consulta ou sempre.
    • Privacidade dos resultados. Podemos indicar a Moodle que garde a privacidade das respostas, é decir, que non publique que alumnos teñen elixido unhas e outras opcións.
    • Permiti-la actualización da consulta. Permite a actualización das respostas.
    • Amosar columna coas non respondidas. Amosa unha columna extra cos alumnos que non teñen contestado á consulta.
    • Modo de grupo. Establece o modo de grupo para esta actividade.
    • Visible a estudiantes. Configura se a consulta será inicialmente visible ou non para os alumnos, unha vez gardemo-los cambios.

 

Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06