Entendendo-los talleres

          O taller presupón que se lle asigna un traballo concreto ós estudiantes (coma na actividade tipo ‘Tarefa’). Este traballo pode se-la redacción dun texto sobre un tema concreto, un debuxo, un vídeo, proxecto ou calquera cousa susceptible de ser enviada coma un arquivo informático.

          Os traballos pódense realizar de xeito individual ou colectiva. De feito, a realización de tarefas en grupo non é o elemento principal do taller (iso tamén se pode facer coa actividade ‘Tarefa’), a colaboración e a interacción entre grupos maniféstase por completo na etapa de avaliación. As principais características dun traballo enmarcado nun taller de Moodle son:

    • O profesor presenta ós estudiantes exemplos reais de cómo ten que se responde-la tarefa e de cómo ten que se avaliar.
    • Os estudiantes realizan a tarefa proposta polo profesor.
    • Os estudiantes avalían as entregas dos seus compañeiros guiándose polos exemplos e as pautas dadas polo profesor.
    • O profesor avalía e califica os traballos dos estudiantes pero tamén as avaliacións que estos fan das tarefas dos seus compañeiros.
    • A cualificación divídise en varios epígrafes que se avalían separadamente, por exemplo, nun proxecto: orixinalidade, adaptación ós requisitos e custo).

          Por tanto, a interacción nun grupo e o traballo colaborativo teñen lugar nun taller fundamentalmente na fase de avaliación cruzada entre compañeiros. Eiquí cada estudiante observa como teñen resolto o mesmo problema outros compañeiros, enriquecendo así os seus puntos de vista e as súas posibilidades de aprendizaxe. A maiores, ten que ser crítico e emitir unha cualificación obxectiva do traballo dos demais. A Actividade de tipo taller proporciona un xeito avanzado de transmitir coñecementos sobre aspectos concretos, a adquisición da capacidade crítica, e de avaliar específicamente o desempeño nesa tarefa.

          Todo iso, obviamente, a cambio dunha xestión máis complexa que a dunha actividade tipo ‘tarefa’ de Moodle. A realización do taller implica diferentes etapas de actividade:

  1. O profesor prepara unha tarefa e diversos exemplos da mesma con distinto grao de corrección (opcional).
  2. Avaliación e cualificación polos estudiantes dos traballos de exemplo enviados polo profesor, e cualificación desas avaliacións polo profesor (opcional).
  3. Creación e envío do traballo asignado por parte dos estudiantes.
  4. Avaliación dos traballos polo profesor e/ou polos compañeiros (esto último é opcional)
  5. Revisión de avaliacións e negociación entre cada estudiante e os seus avaliadores (opcional).
  6. Cualifiación das avaliacións doutros polo profesor (opcional).
  7. Cálculo das cualifiacións finais ponderando cada fase.

          Non é obrigatorio usar tódalas opcións que permite a actividade. Se o que precisa como profesor é só unha forma de introducir de xeito explícito unha avaliación por criterios separados, non ten porque adoptar tamén o resto de características, como a cualificación por compañeiros. Se o desexa, pode seguir reservando esa función exclusivamente ó profesor.

Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06