3.9. Regras de Acceso
Regras de Acceso
Ruta: Administrar > Mantemento de usuarios > Regras de acceso
Esta opción permite a configuración das regras de acceso para os nomes de usuario e as direccións de correo para as contas novas e para as existentes (non se pechan as sesións dos usuarios que estean ingresados nese momento). Se o nome do usuario ou a dirección de correo para unha conta coincide cunha regra de denegación e non cunha de permisión, non se lle permitirá crear a conta nin tampouco ingresar.
Ademais existen as regras das máquinas, que só son efectivas para as vistas de páxinas, non só para os rexistros.
Vexamos como funciona. Temos tres pestanas: Lista, Comprobar roles e Engadir regra.
Na pestana de Lista, podemos ver todas as regras existentes e se son de permiso ou denegación, se son de nome de usuario, de correo-e ou de máquina.
Para engadir unha nova regra iremos á pestana Engadir regra, onde temos que definir o tipo de acceso: permitir ou denegar, o tipo de regra: sobre que vai actuar, un nome de usuario, un correo electrónico ou sobre unha máquina (enderezo IP). Finalmente temos que indicar a máscara a aplicar. Na máscara podemos empregar o carácter de porcentaxe (%) como comodín.
Por exemplo, se establecemos as regras vistas na primeira imaxe:
- denegar - nome de usuario - ma%
- denegar - máquina - 192.168.1.100
- denegar - correo-e - %gmail.com
- permitir - nome de usuario - manuel
Pestana Comprobar roles. Se temos creadas moitas regras, unhas permitindo e outras denegando, para comprobar o efecto que fan sobre un determinado usuario, correo electrónico ou máquina, podemos empregar os campos de comprobación que temos na pestana Comprobar roles. Exemplo, se se creou unha regra que bloquea a todo usuario que conteña a palabra "xunta" no seu nome, se quixeramos crear unha conta de usuario que se chamase "conxunta" non vai estar permitido, e así nolo indica a mensaxe, como se ve na seguinte imaxe.