BLOQUES

Ruta: Administrar > Construción da páxina > Bloques

Boques

Os bloques son as caixas de contido que podemos colocar en diferentes rexións da nosa páxina web, por exemplo nas zonas laterais, e conteñen información de moi diferentes tipos: menús, imaxes, texto, enlaces, vídeos, etc...

Tamén é posible configurar o comportamento dos bloques para indicar, por exemplo, a que páxinas e a que usuarios lles deben aparecer ou non.

Tipos de bloques

  1. Xerados manualmente: son os creados polos administradores para aloxar elementos en código HTML según desexemos (hai que ter en conta que é posible que teñamos filtros de contido HTML activados que evitarían a inserción de códigos maliciosos). Evidentemente son necesarios certos coñecementos nesta linguaxe HTML para sacarlle partido.
  2. Xerados automaticamente pola aplicación: estes son os xerados pola aplicación directamente a raíz doutras accións, como por exemplo a creación de Menús visto no punto anterior, ou pola activación de certos módulos.

Lista

Ao acceder á Lista de Bloques, o primeiro con que nos atopamos é con enlaces ás diferentes opcións dos temas instalados (estean ou non activos). Isto é así porque as diferentes configuracións posibles dos Bloques están ligadas a cada tema en particular. Isto significa que un mesmo bloque, por exemplo o menú de Deportes, pode estar activo para un tema en concreto pero non para outros. Por esta razón ás veces pasa que ao cambiar o aspecto visual da nosa páxina, ao cambiar de tema ou plantilla, "pérdense" ou "desaparecen" algúns menús. O que pasa é que eses menús non estaban activos para o tema elixido.

De todos os temas, automaticamente xa se selecciona o tema que teñamos elixido por defecto (veremos máis información sobre os temas no capítulo seguinte deste curso). Así que xa podemos descender pola lista para configurar os Bloques para este tema elixido.

Na parte inferior atoparemos catro columnas: Bloques, Rexión, Peso e Operacións.

  • Bloques: nesta columna lístanse os bloques dispoñibles.
  • Rexión: indícanos en que rexión da nosa páxina está dispoñible actualmente o Bloque. Estas rexións tamén dependen da plantilla que teñamos escollido, pero fundamentalmente son:
    • barra lateral esquerda
    • barra lateral dereita
    • contido
    • encabezado

  • Peso: sérvenos para poder posicionar verticalmente os bloques. Canto menor peso máis arriba se situará con respecto aos bloques situados na mesma rexión.
  • Operacións: podemos acceder á configuración particular de cada bloque e/ou eliminalos no caso de ser un bloque creado directamente (por exemplo, para aloxar algún contido en HTML, un vídeo embebido...)

Activar Bloque xerado desde Menús

Como dixemos no capítulo anterior, cando se crea un novo Menú automaticamente se crea tamén o seu bloque correspondente. Por defecto non aparece en ningunha Rexión, polo que agora só debemos decidir onde o situamos. Para isto na columna de Rexión facemos clic sobre o despregable e seleccionamos algunha das rexións dispoñibles, por exemplo, na barra lateral dereita.

Activar bloque de menú
Deste xeito conseguiremos que na nosa páxina xa apareza o Bloque que contén un Menú ao que temos asociada unha Categoría, sendo os elementos do menú os termos desa Categoría (lembremos que o nome do Vocabulario esta desactivado para que non se repita xunto co nome do Menú).

Bloque de menú publicado
Elementos: bloque, menú e elementos de menú

Engadir bloque

Engadir bloque

Empregaremos este menú para xerar bloques manualmente. Os campos a cubrir son:
    • Descrición do bloque: é o nome que se amosará na lista de bloques, non necesariamente o amosado unha vez configurada a presentación do mesmo.
    • Corpo: admite diferentes formatos de entrada, normalmente utilizaremos linguaxe html para crear un bloque deste tipo.
    • Formato de entrada: podemos utilizar dúas linguaxes diferentes para crear este tipo de bloques, html e php.
      • Filtered HTML: esta opción utilízase para eliminar etiquetas que puideran dar problemas relacionadas coa presentación da páxina, pero en ocasións elimina tamén etiquetas necesarias para a mostra do contido.
      • PHP code: non recomendamos utilizar esta linguaxe xa que esixe coñecementos moi específicos e mal utilizado pode xerar problemas de seguridade.
      • Full HTML: por norma xeral a máis utilizada, é a máis recomendable sempre que construamos nós o código. Se importamos código doutras páxinas deberemos telo en conta ante posibles erros da páxina.

Configuración dos bloques

Finalmente, tamén temos a posibilidade de configurar características específicas para cada bloque. As opcións de configuración que presentan os Bloques son as seguintes:
    • Collapsible: configuración sobre a expansión do bloque.
      • None: o bloque móstrase expandido e o usuario non ten opción de contraelo.
      • Collapsible, expanded by default: o bloque amósase expandido pero o usuario pode contraelo manualmente.
      • Collapsible, collapsed by default: o bloque amósase contraído pero o usuario pode expandilo manualmente.
Collapsible
         
    • Axustes específicos do bloque: dependo das funcionalidade que amose o bloque este pode ter configuracións específicas que aparecerán nesta rexión da pantalla.
    • Título do bloque: este amósase na presentación do bloque, se non queremos que amose título escribiremos: <none>. Non debemos confundir este nome, co que utiliza Drupal para identificar o bloque e sería o que aparece nesta mesma páxina na parte superior.
Título do bloque
    • Configuración personalizada da visibilidade: permite aos usuarios personaliza a visibilidade deste bloque na súa páxina de configuración da conta.
Configuración personalizada da visibilidade
    • Mostra o bloque para roles específicos: amosa este bloque só para os roles seleccionados. Se non selecciona ningún rol, o bloque é visible para tódolos usuarios.
Mostra o bloque para roles específicos
    • Amosar o bloque en certas páxinas: configurando esta opción podemos decidir, segundo a ruta dos contidos, se se ven ou non certos bloques. Engadiremos as rutas de Drupal a partir do "system/" (exemplo: na ruta "http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/node/588" engadiríamos: "node/588" para referirnos a ese contido en concreto. Tamén podemos facer referencias a rutas de foros (forum), categorías (category) e demais. O asterisco (*) funciona a modo de comodín, así si escribimos "node/*" a orde afectaría a tódolos contidos. As ordes que podemos dar sobre as rutas que indiquemos, unha por liña, son:
      • Amosar en tódalas páxinas agás nas listadas: O bloque amosarase en todas as páxinas excepto naquelas que sinalaramos previamente nesta configuración.
      • Amosar só nas páxinas listadas: O bloque só se amosará nas rutas que coincidan coas listadas, así si a categoría "Biblioteca" é a número "8", e queremos que un bloque só se amose cando o usuario navega por esta categoría deberiamos marcar "category/8/*
      • Amósase se o código PHP devolve VERDADEIRO (modo PHP, só para expertos): recomendamos encarecidamente non utilizar esta opción.
Amosa-lo bloque en certas páxinas
           
Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM