1.10. Publicación RSS
1.10. Publicación RSS
Ruta: Administrar > Administración do contido > Publicación RSS
Desde este apartado poderemos especificar algúns parámetros no referente aos elementos obtidos por RSS das diferentes fontes que teñamos agregadas no apartado de Agregador de novas (visto anteriormente no punto 1.4 deste curso).
O que podemos especificar é o Número de elementos por orixe: o número predeterminado de elementos que vai cargar cada orixe, independentemente do número de elementos que existan na fonte orixinal.
Tamén podemos determinar cales serán os elementos que queremos amosar. Podemos elixir entre as seguintes opcións a amosar:
-
Só títulos
-
Títulos e avances (opción predeterminada)
-
Texto completo
Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM