Entende-las leccións
Entende-las leccións
A idea fundamental das leccións é o control de fluxo como función das respostas dos alumnos. Permitindo secuenciar contidos intercalando preguntas de autoavaliación que dirixen ó alumno a diferentes páxinas segundo a bondade das respostas.
Como xa se dixo na presentación do módulo, Unha lección é unha sucesión de páxinas. Aínda que esto é opcional, as leccións funcionan ben cando o número de páxinas non é maior de 10 e o seu tamaño e tal que entre nunha pantalla. As leccións de Moodle non se deseñaron para manexar gran cantidade de informción, ese tipo de información débese organizar nun tema ou sección que é maís manexable.
Unha lección pode ser utilizada máis coma unha actividade que coma un recurso de contido. Se reducimo-lo texto da cada páxina da lección a tan só a pregunta asociada á mesma, e asociamos respostas a saltos ó chou a outras páxinas (de preguntas), o que obtemos é unha serie de preguntas ligadas, un banco de preguntas. Cada vez que o alumno recorra a lección se lle presentará una serie de preguntas ó chou e obterá unha cualificación, coma nun exame. Moodle denomina a este xeito de usar unha lección como 'modo de terxetas (Flash card). Este uso do módulo apróximao a un 'cuestionario', pero neste as preguntas preséntanse en bloque, coma nun exame escrito, mentres que na lección se lle amosan separadamente unha a unha.
É importante decir que crear unha lección non é dificil pero require organización e planificación por parte do profesor. O proceso de creación comeza coa configuración das opcións de lección e segue coa edición de cada unha das páxinas. Para que unha lección funcione é preciso ter pensadas as páxinas de contidos, as de preguntas e o fluxo/secuenciación.