1.9. Webforms
1.9. Webforms
Ruta: Administrar > Administración do contido > Webform
Dende esta pantalla visualízanse tódolos formularios creados na páxina permitindo visualizalos e realizar sobre eles diferentes operacións que se describen a continuación.
Na columna Título visualizase o nome dos formularios que contén a páxina, os formularios aparecen listados por orde de creación.
Pinchando sobre o Título pódese ver o formulario, editalo, engadir como unha páxina filla dun libro (Fóra de liña) e ver os resultados ou respostas ao mesmo.
Na columna Ver aparecen as diferentes posibilidades:
-
Ver as veces que o formulario foi enviado polos usuarios (submissions)
Pode observarse a data e hora, usuario, e IP do pc empregado para visualizar o formulario. Tamén permite ver, editar e borrar as respostas obtidas en cada presentación.
-
Estatística de resultados (analysis)
Nesta táboa preséntase para cada un dos apartados o formulario: o número de usuarios que respostaron (user entered value), ás veces que o campo ou apartado foi deixado en branco, sen resposta (left blank), o tamaño medio dos arquivos enviados, se é o caso (average uploaded file size) ....
-
Táboa de resultados
Visualización en pantalla das respostas dadas para cada campo ou apartado do formulario cada vez que foi enviado
-
Gardar ou visualizar a táboa de resultados dun arquivo .csv
Na columna Operacións hai dúas posibilidades: Editar o formulario co obxectivo de introducir nel modificacións e a opción de Clear coa que se eliminan definitivamente tódolos datos enviados a un formulario.