1.8. Libros ( libros existentes)

Ruta: Administración > Administración do contido > Libros

Tódolos libros e cada unha das páxinas que os compoñen poden ser xestionadas dende esta pantalla.

libros

Na columna Lista aparece unha relación dos títulos (primeira páxina ou portada) dos libros existentes na nosa web.

Premendo sobre un título pode editarse o contido desta primeira páxina do libro.

Os libros están ordenados por data de creación, situándose na parte superior da lista os libros máis recentes.

Na columna Operacións aparece un enlace sobre a palabra índice. Ao premer sobre el visualízase a estrutura do libro e das páxinas que o compoñen, sendo posible dende esta pantalla editar, borrar ou visualizar o contido de cada unha das páxinas. Tamén se ofrece a posibilidade de darlles un peso que permite ordenalas dentro do mesmo nivel ao que pertencen. Exemplo: ao variar o peso de "Sobremesa" estou ordenando a páxina "Sobremesa" con respecto ás páxinas que están ao seu mesmo nivel: Primeiros Pratos e Segundos Pratos. Así a páxina do libro "sobremesa" cámbiase de posición e consecuentemente tamén a posición de tódalas páxinas que teñen Sobremesa como elemento pai: Compota de mazá, Castañas con leite, ...

Índice de libros


Índice de libros

Na pestana de Páxinas orfas aparecen listadas páxinas de libros que quedaron descolgadas ou desenlazadas dos libros debido a que o pai (páxina da que dependen ou colgan) eliminouse. Editando cada unha destas páxinas orfas pódese escoller outra páxina pai da que colguen, no caso de seleccionar a opción Pai: <nivel superior>, ao editar, a páxina orfa converterase na primeira páxina dun novo libro. Dende esta pantalla tamén se pode ver o contido e/ou borrar as páxinas orfas.

Páxinas orfas

Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM