1.6. Contido (administración)

Ruta: Administrar > Administración do contido > Contido

Contido

Dende esta páxina pódese acceder a tódolos contidos da web do centro, independentemente do seu estado de publicación e do tipo de contido (páxina, historia, evento...)

Na parte inferior da pantalla aparece unha lista dos contidos creados ordenados por data de creación (ao principio da lista visualízanse os contidos máis recentes e no remate da lista o máis antigos). Na lista ademais de aparecer o título do contido aparece o usuario que o creou, o tipo de contido, o estado (publicado ou non publicado) e a posibilidade de editar o contido para realizar sobre el as opcións que a edición permite.

Pódese empregar o cadro "Amosar só elementos nos que" para filtrar a lista de contidos que aparece na páxina.

Existen 3 filtros posibles: por tipo, estado e categoría. Estes filtros pódense empregar individualmente ou combinar entre eles para localizar un contido ou uns contidos específicos.

O primeiro paso a realizar no proceso de filtrado de contidos e seleccionar o filtro a usar e logo pulsar no botón Filtro. Por exemplo, se desexamos buscar contidos de tipo páxina, faremos o que se indica na seguinte imaxe:

Filtrado simple

No caso de querer combinar outro filtro co anterior, hai que seleccionar o segundo filtro e premer sobre o botón Refinar, e así sucesivamente. Cada vez que se preme no botón Filtro ou no botón Refinar na pantalla lístanse os contidos que cumpren as condicións especificadas.

Filtrado refinado

No botón Desfacer elimínase o último filtro cargado e no botón Reinicia elimínanse tódolos filtros engadidos.

Opcións de actualización

Desde aquí poderemos realizar diversas accións sobre os contidos sinalados.

Opcións de actualización

Lembramos que primeiro debemos de seleccionar os contidos desexados marcando o check de verificación que aparece no lado esquerdo. Unha vez seleccionados os contidos desexados e seleccionada a opción a realizar, só queda premer sobre o botón Actualizar.

Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM