Ligazóns automáticas ós termos

          Unha vez que se teñen engadido entradas ó glosario e se activou a opción de autoligazón, calquera aparición dos termos do glosario en calquera lugar do curso terá unha ligazón á súa definición. Por exemplo, se o profesor creou unha entrada ás palabras lección ou módulo no glosario, sempre que alguén utilice esas palabras nun foro, tarefa, páxina html ou de texto, lección, ou en cañquera capo de descripción, esas palabras incluirán unha lihazón á súa definición dentro do glosario.

          Cando calquera usuario faga clic na palabra, abrirá unha nova xanela que lle amosará a entrada no glosario. Despois de leela, o usuario pode pecha-la xanela e seguir a traballar no curso.

Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06