Aceptación da política de protección de datos
Desde o inicio do curso 2024-25, os usuarios das aulas virtuais no proxecto Webs Dinámicas, no seu primeiro inicio de sesión, deberán aceptar a política coa información básica sobre protección de datos.
Os usuarios co rol de Administradores do sitio están exentos de facelo.
Unha vez iniciada a sesión aparecerá a seguinte pantalla na que se pode ler a política:
Desde esta páxina tamén se enlazan as seguintes:
- Exercicio de dereitos: https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos
- Información xeral sobre protección de datos: https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos?langId=gl_ES
- Boas prácticas para o uso das aulas virtuais.
Ao darlle ao botón Seguinte, pasa á pantalla na que se debe marcar que se acepta a política para poder continuar:
É necesario marcar "Dou o meu consentimento a Información básica sobre protección de datos" e darlle ao botón Seguinte para completar o primeiro inicio de sesión.
Posteriormente, os usuarios poden consultar esta política desde o botón de axuda ao pé de páxina.
Last modified: Thursday, 12 September 2024, 9:39 AM